O 12 de maio pecha o prazo de solicitude de bolsas para o alumnado que teña pensado cursar estudos postobrigatorios no ano académico 2022-2023 (universitarios, bacharelato, ciclos formativos e FP básica).
Se precisas axuda para formalizar a túa solicitude, ofrecémosche a posibilidade de vir polo instituto para que che botemos unha man. Os días que temos dispoñibles son o 4, 10 e 11 de maio en horario comprendido entre 18.00 h e 20.00 h.
Os documentos que precisas para poder completar o proceso son, en principio, os seguintes:
- Documentos de identidade de todos membros da unidade familiar (orixinais, fotocopiados ou escaneados)
- Número de conta bancaria na que figure a alumna/o.
- Familia numerosa ou outras circunstancias: documentación acreditativa.
Por favor, pide cita nas oficinas do centro ou telefonicamente (986580904).