A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou o calendario de admisión das ensinanzas de Formación Profesional para o curso 2022/2023.
O prazo de presentación de solicitudes nos réximes ordinario e para as persoas adultas comezará o 23 de xuño ás 9 horas e prolongarase ata o 5 de xullo ás 13 horas.
A solicitude deberá realizarse mediante un asistente informático vía web para todos os réximes e graos [ciclosadmision].
En canto á oferta de formación profesional para o curso 2022/2023, recomendámoslle que consulte esa información na web institucional web institucional da Consellería.