Skip to Content

Reserva de praza e solicitude de admisión ESO e BAC [2023/2024]

I. Fase de reserva de praza (alumnado de 6º de primaria dos centros adscritos). Foi admitido todo o alumnado que solicitou praza neste centro. Deberán formalizar a matrícula entre o 23 de xuño e o 7 de xullo de 2023.

II. Fase de solicitude de admisión (alumnado procedente doutros centros).

II.1.Relación de vacantes para o curso 2023/24:

  • 1º ESO: 8 prazas.
  • 2º ESO: 1 praza.
  • 3º ESO: 1 praza.
  • 4º ESO: 17 prazas.
  • 1º BAC: 16 prazas.
  • 2º BAC: 33 prazas.

II.2. Prazo de presentación de solicitudes: desde o 1 ata o 20 de marzo.

II.3 Procedemento.

As solicitudes de admisión de alumnado realizaranse cubrindo un formulario, de xeito manual ou a través da aplicación admisionalumnado:

  • Para a opción telemática, o formulario poderá cubrirse na aplicación admisionalumnado. No caso de que opte por utilizar esta aplicación, teña en conta que cando confirme a solicitude se xerará un informe en pdf.

Para presentar a solicitude poderá:

  • Entregar a documentación no centro educativo de primeira elección.
  • Presentala en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a sede electrónica, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

II.4. Notas de interese.

  • O alumnado que estea matriculado no IES Plurilingüe Pintor Colmeiro neste curso ten garantida a súa permanencia no centro para cursar ensinanzas de ESO ou bacharelato. En consecuencia, non terá que presentar ningunha documentación.
  • Cada alumna/o só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

III. Normativa e documentación de referencia:



story | by Dr. Radut