Skip to Content

Pagamento do seguro escolar [2020/21]

Todo o alumnado de 3º ESO, 4º ESO, FP, bacharelato e ESA ten que facer efectivo no momento da matrícula o pagamento da cota anual do seguro escolar obrigatorio (1,12 €). O noso centro optou no seu día por aprazar esta xestión, co propósito de facilitar a matrícula telemática e de reducir ao máximo os desprazamentos das familias ao centro e/ou ás entidades bancarias.

Unha vez iniciadas as actividades lectivas, abrimos o prazo para realizar o pagamento das devanditas taxas, trámite que deberá ser realizado polo propio alumnado nas oficinas do centro. Neste sentido, lembramos que no protocolo de adaptación ao contexto COVID se establece que as familias só deben acceder ás instalacións do centro por causas moi xustificadas. 

Para simplificar e axilizar ao máximo este trámite, decidimos aplicarlle un redondeo á taxa oficial, que pasa de 1,12 € a 1 €. Polo tanto, o alumnado dos cursos arriba mencionados deberá facer entrega de 1 € nas oficinas do centro. O prazo para realizar o pagamento rematará o 16 de outubro.



story | by Dr. Radut