Skip to Content

Curso 2018-2019

Curso 2018-2019

Navegando polo universo

Aprender astronomía foi posible hoxe para o alumnado de 3º e 4º de ESO grazas a un planetario móbil que se achegou ao IES Perdouro. Íñigo de la Quadra-Salcedo foi o astrónomo desta viaxe Navegando polo universo. Fixo unha breve introducción á historia da astronomía, falounos dalgúns persoeiros como Copérnico, Galileo Galilei, e Isaac Newton. Tamén explicounos cales son os planetas sólidos e gasosos,  os seus desprazamentos, translacións e rotacións, velocidades, as distancias entre planetas e como se forman as eclipses. Aproveitamos ao final para pisar a lúa, o noso satélite. Unha experiencia diferente sen ter que enfundar o traxe de astonauta!
 
Algunhas fotos aquí.
 

Samaín

 

O noso instituto cumpre 40 anos

O día 8 de outubro visitounos un antigo profesor do centro, Antón Niñe, moi activo nas actividades do IES Perdouro para falarnos da historia do noso centro. 
Contounos que hai moitos anos en Burela había moitos problemas para ir ao instituto porque a xente se tiña que desprazar a Lugo, Ribadeo ou outros lugares. Pero o 7 de outubro de 1978 todos estes problemas acabáronse. Inaugurouse o noso instituto. A este gran evento acode parte do pobo, o alcalde, representantes da Mariña, etc... Nese primeiro curso só había cinco mestres  - agora xa son uns 60 - .
Daquela o consello escolar dicidiu o nome do noso centro, escolleu o nome por unha praia que hai en Burela. Chamárono IES Perdouro. 
Nestes 40 anos de vida fixéronse moitas actividades:  viaxes culturais (Santiago, Segovia, Mérida,...) intercambios internacionais (Francia, Bélxica, Alemaña, Italia, Turquía), convivencia no Monte Castelo, viaxe ao Congreso dos Deputados, Camiño de Santiago, etc ....
 
Accede a reportaxe fotográfica aquí.
 
Crónica de Manuela Seijo Rolán - 1º ESO C

Sorteo Loita contra a Leucemia Infantil

Loita contra a leucemia infantil da Fundación #unoentrecienmil
O número da rifa sorteada hoxe e gañadora dunha cesta de peixe valorada en 250€ é o :
......n° 438 ..........

Coloquio con ex-parlamentarios dos tres grupos políticos

O Dpto. de Xeografía e Historia programou o encontro anual entre 3 ex-parlamentarios e os alumnos de 3º de ESO. A actividade enmarcase dentros das actuacións promovidas polo Parlamento de Galicia e pola Asociación de Exparlamentarios/as. A charla-coloquio tivo lugar esta mañá, xoves 25 de outubro, na biblioteca do IES Perdouro.
 
Neste acto participaron os exdeputados Alberte Xullo Rodríguez Feixóo (BNG), Sergio López García (PPdeG) e Ismael Rego González (PSdeG-PSOE).Logo dunha breve presentación, os ex-parlamentarios mantiveron cos alumnos un coloquio moderado por Toño Blanco, Xefe de Dpto. de Xeografía e Historia.
 
Esta charla-coloquio ten como finalidade que os alumnos do centro educativo coñezan o Parlamento de Galicia. Con ese fin, os exparlamentarios relataron en qué consisten as funcións da Cámara autonómica, a súa composición e órganos, e contestaron as preguntas dos asistentes, algunhas delas comprometidas e de actualidade como os incendios en Galacia ou a declaración unilateral de independencia de Cataluña e de difícil resposta.  Previamente o encontro, os alumnos visionaron unha proxección audiovisual, que fai un percorrido pola realidade da principal.
 
Accede ás fotos do noso albúm aquí.

Carreira solidaria contra a leucemia infantil

O grupo de alumnos/as de 1º de Bach xunto ao seu profesor de Educación Física, Benxa Soto, sumáronse á convocatoria anual da Fundación Uno entre Cien Mil.
 
A Carreira Solidaria contra a leucemia infantil terá lugar mañá venres 26 de outubro en toda España.
O alumnado de 1º de Bach é o encargado de toda a loxística (patrocinadores, cartelería, rifas, infraestructuras, prensa, etc...) e o de 1° de ESO correrá para recadar cartos para VueltaAlColeXLaLeucemia de Unoentrecienmil
Axudádeos e patrocinádeos!!
 
O recadado será doado integramente á fundación Uno entre Cien Mil e invertirase nunha bolsa de investigación da leucemia infantil. ESTA ENFERMIDADE É FORTE PARA UN NENO SÓ, NON PARA CEN MIL.

Grazas a todos os/as que colaboraron, colaboran e colaborarán, algún día poderemos dicir que esta enfermidade ten cura. Grazas, de verdade!

24 de outubro: Día das bibliotecas Escolares

 

Carreira Solidaria contra a leucemia infantil

Falan de nós na prensa de hoxe.
Carreira solidaria contra a leucemia #unoentrecienmil #VueltaAlColeXLaLeucemia

Día europeo da concienciación do paro cardíaco: Programa RCP na aula en Burela

Hoxe co motivo do Día europeo da concienciación do paro cardíaco, o 061 organizou un obradoiro sobre RCP (reanimación cardiopulmonar) básica na praza do Concello de Burela. Aí uns 20 instrutores en soporte vital básico do 061 de Galicia explicaron aos asistentes como proceder en caso de paro cardíaco. Ademais os nosos alumnos/as de 4º ESO puideron ver o equipamento dunha ambulancia e un hospital de campaña. Unha xornada importante na formación temperá en soporte vital básico (SVB) para o noso alumnado.


Ler a nota de prensa da Conselleiría 

Accede á reportaxe fotográfica aquí.

Prácticas de laboratorio

Medindo a densidade das rochas! 
 

Comezamos o curso e retomamos as prácticas no laboratorio cos alumnos e alumnas de Bioloxía e Xeoloxía de primeiro de bacharelato. O pasado xoves estivemos medindo a densidade das principais rochas da codia, (basaltos granitos e calcarias), e do manto (peridotita e ecloxita). Coa axuda das balanzas electrónicas obtivemos as súas masas e coas pipetas o volume de auga que desaloxan, polo tanto, o seu volume. Grazas a estas medidas calculamos as diferentes densidades das rochas e indirectamente as densidades da codia e do resto das capas da Terra.
 
Ver o albúm de fotos aquí.

Iniciamos a Hora de Ler

Así de concentrados/as estaban polas aulas de ESO esta mañá na hora de ler.

 

Carnés da biblioteca entregados

Uns embaixadores da biblioteca foron hoxe polas aulas de 1º ESO entregar ao alumnado o seu carné de biblioteca asi como ao alumnado novo nos demais niveis. 
Aproveitaron tamén para informar do funcionamento da Hora de Ler que se inicia o luns 1 de outubro.


Accede as fotografías aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut