Skip to Content

Curso 2016-2017

Campaña informativa para 2º de ESO: “QUÉROTE +: De que vai isto?”

Como remate de todas as actuacións desenvolvidas co alumnado de 3º ESO, dentro do Programa Quérote +, os nosos alumnos e alumnas convertéronse en directores/as, produtores/as, guionista, actores e actrices, ... Tratábase de ensinar aos seus compañeiros/as de 2º ESO que van facer o próximo curso en relación ao Quérote +, e aquí está o resultado:


Xornada de convivencia 1º ESO en Foz

O alumnado de 1º ESO desfrutou dun último día de clase peculiar. Así pois os seus titores organizáronlles unha pequena excursión a Foz. 
 
Tiveron a oportunidade de facer un roteiro medioambiental pola ría de Foz guiados por unha bióloga especialista de Maremasma. Coñeceron así a fauna e flora da Ría de Foz, unha área ornitolóxica protexida; aprenderon a identificar especies e a entender o impacto humano na nosa costa. 
Logo foron recibidos no Complexo deportivo de Foz para efectuar un itinerario polas súas instalacións deportivas. A rapazada visitou a sala de máquinas da piscina, fixo exercicios cardiovascular, de musculación e aeróbic sempre baixo a supervisión e asesoramento da monitora-técnica, para rematar cun chapuzón na piscina.
 
Accede ao noso albúm fotográfico aquí.

Practicando volei praia na praia de Areoura

José Fernández decidiu trasladar as súas clases de Educación Física a unha contorna inmellorable. Porque? Para practicar volei praia
O xoves 22 de xuño, alumnos de 4º de ESO con todo aprobado e xa sen exames finais enfrontáronse en equipos mixtos na praia da Areoura. O tempo estivo nublado e ideal para esta competición improvisada. Gozaron da actividade física ao máximo.


Accede o noso albún fotográfico aquí.

Acto de Entrega de Premios Escola de Prensa El Progreso

 

Premio do xurado no certame Escola de Prensa El Progreso

 
O equipo Maruxía composto por Andrea, Damaris, Laura, Yaiza, Zaira e liderado por Miruca Parga recibe o premio do xurado no concurso Escola de Prensa de El Progreso na categoría de 3º e 4º ESO. Soubemos pola prensa de hoxe a boa nova onde destacan o seguinte:
 
"Na categoría 3º e 4º de ESO o primeiro premio foi acadado polo IES Perdouro de Burela. É moi meritorio o traballo realizado por este grupo de rapazas da Mariña, con acertadas remaquetacións de páxinas orixinais para adecualas aos temas abordados, imaxes silueteadas e infografías. A temática tamén é moi interesante, con entrevistas e reportaxes que sen dúbida podrían ter cabida nas páxinas de calquera xornal elaborado por profesionais. Dende o principio as autoras organizáronse e empezaron a traballar nun ilusionante proxecto que agora recibe o merecido premio do xurado."
 
Ademáis do premio do xurado as rapazas tamén acadaron outros dous premios: á mellor entrevista e á mellor infografía e maquetación.
 
O vindeiro martes, día 20 de xuño, os gañadores das tres categorías (primaria, 1º e 2º ESO, 3º e 4º ESO) recollerán os seus xornais impresos na rotativa de El Progreso no Ceao de Lugo. Todos os traballos publicaranse nun suplemento especial o xoves 22 de xuño. 
 
Accede aos recortes de prensa aquí. El Progreso 14/06/17

Prácticas de laboratorio: Como facer unha crema hidratante

Os alumnos de 3º ESO participaron na elaboración dunha crema hidratante axudados polas súas profesoras de Física e Química (Cándida Campos e Ana Vázquez) e Tecnoloxía (Mª José Pardiñas), asesoradas á súa vez, por Elena Canay, profesora do CM de Peiteado e Cosmética Capilar.
Este traballo forma parte do Contrato Programa destinado á mellora das competencias clave en ciencia e tecnoloxía, no que se pretendía que o alumnado se introducise no mundo da biotecnoloxía.

Para acadar este fin, intentouse que coñecesen de primeira man como se elaboran ... seguir lendo no blogue de Perdourando.

Fallo premio Concursos Os Matos 2017

O xurado resolveu outorgarlles os premios aos traballos presentados polos seguintes alumnos:
 
"XI Concurso literario" da As. Cultural Os Matos - Tema "O leite é a vida”

CATEGORÍA 1º e 2º ESO:   

  • 1º premio: Diego Ferreira Martín (2º ESO A)
  • Accedits: Daniel Piqueras Valle (2º ESO A) e Alejandra Alonso Fernández (2º ESO A)

CATEGORÍA 3º e 4º ESO: deserto

CATEGORÍA 1º e 2º Bach.: deserto

"IX Concurso de Imaxe" da As. Cultural Os Matos - Tema "O leite é a vida”

CATEGORÍA 1º e 2º ESO:

  • 1º premio: Alba Geada Bernal (1º ESO A)
  • Accedits: Hugo Cobas Linares (1º ESO A) e Adrián Fernández Casas (2º ESO A)

CATEGORÍA 3º e 4º ESO:

  • 1º premio: Carmen Pernas Pernas (3º ESO B )
  • Accedits: Raisa Rivera Chonate (3ºESO B) e Laura Pernas Pérez (3º ESO B)

CATEGORÍA 1º e 2º Bach.:

  • 1º premio: Mario Cordido García (1º Bach. A)
  • Accedits: María Areán Maseda (1º Bach. A) e Itziar García Cruz (1º Bach. B)

Tarefa de limpeza da ribeira - Día dos océanos - 4º ESO

Para conmerorar o día mundial dos océanos, os rapaces de 4º de ESO coidaron da nosa ribeira o venres pola mañá.
 
Un ano máis sumámonos a esta cita mundial da limpeza simultánea das praias e este ano facémolo da man da campaña #15díaporlosoceanos. Acompañados por Mª José Cao, monitora de Gaia, e por Óscar García de Coge3, os alumnos limparon o tramo da ribeira que vai dende a igrexa de Coedo ata a Pasada das Cabras. Recolléuse unha cantidade significativa de residuos do litoral (14 bolsas e 2 neumáticos) esencialmente restos de botellas de plástico, redes, botas, neumáticos, farrapos mais tamén había latas e aerosoles. Non podemos consentir que algúns convirtan a nosa ribeira nun vertedoiro salvaxe!!!! Temos que contribiur ao coidado do noso medio natural.
 
Accede ás fotografías no noso albúm.

Visita dos alumnos de 6º do Virxe do Carme

Hoxe recibimos a visita dos alumnos e alumnas de 6º de primaria do CEIP Virxe do Carme. Foron acollidos polo director, Santiago Pérez, pola xefa de estudos, Mª José Andión e pola orientadora, Loly Chas. Visitaron as instalacións do centro e pasaron o recreo cos seus futuros compañeiros.


Pica aquí para visualizar o albúm de fotos. 

Desafío xadrecístico co IES María Sarmiento de Viveiro

O alumnado de 2º ESO e GAE  participou no I desafío de xadrez, iniciativa dos profesores de xadrez de ambos centros educativos, Manuel e Jorge. 
O pasado venres, día 2 de xuño, recibimos un grupo de alumnos de 1º de ESO do IES María Sarmiento cos que íamos competir no primeiro encontro xadrecístico intercentros. Luís Carlos Graça Silva fixo de árbitro do torneo. As partidas xogáronse a 5 roldas de 5 min. Houbo un bo clima de deportividade entre os participantes.
Finalmente o gañador do IES María Sarmiento foi Luís Takeshi Rosanes, o do IES Perdouro foi Luis Pernas, e o gañador absoluto foi Borja Lorenzo.
 
Accede ao noso álbum de fotos aquí.

Charla sobre educación sexual co Dr. Cristóbal R. Garfia

Cristóbal Rodríguez Garfia, médico xinecólogo, estivo esta mañá no instituto para impartir unha charla sobre saúde sexual ao alumnado de 3º de ESO e GAE.
 
O alumnado de 3º de ESO do IES Perdouro de Burela, ampliou os seus coñecementos adquiridos en clase de Bioloxía grazas a intervención de Cristóbal R. Garfia, recoñecido especialista, que sempre se ofrece a contribuír á educación afectivosexual dos adolescentes e a informalos sobre a utilización dos métodos anticonceptivos. Como cada ano, o xinecólogo incidiu nas boas prácticas sexuais e no repaso ás problemáticas que poden xurdir por mor do descoñecemento.
A Vicedirectora, Karina Parga, manifesta o particular interese do centro na prevención e recalca a importancia de informar convenientemente ao alumnado para previr enfermedades de transmisión sexual asi como embarazos non desexados.

Visita formativa a Dielectro

Un grupo de 16 alumnos dos CF de Administración visitou a PLA -plataforma loxística de Arteixo- de Dielectro Industrial con máis de 100.000 referencias en material de instalacións eléctricas e climatización. Aí chegan as mercancías dos provedores europeos na súa maioría para a súa posterior distribución e reparto.
 
Foi a ocasión para o noso alumnado de coñecer de primeira man un sistema automatizado de almacenaxe pensado para minimizar o espacio utilizado e obter un máis alto nivel de eficiencia e produtividade na preparación de pedidos.
 
A plataforma, con máis de 15.000 m2 e operativa as 24 horas do día, conta con un sistema de loxística de última xeración, uno dos máis avanzados de Europa: dúas zonas automatizadas e unha zona de almacenamemto clásico con operarios. .... Teñen un mini-load, .......seguir lendo no blogue de Perdourando

2º FPB 16/17

Diego Rey González, titor de 2º de FPB, traballou ao largo deste ano cos seus alumnos nos módulos de:
  • Fontanaría e calefacción básica
  • Montaxe de equipamentos de climatización
  • Redes de evacuación

No video tedes unha mostra do traballo realizado por todos eles. Da fe dun bon traballo de equipo.

<

Ciclos Formativos - Portas Abertas 2017 para o IES Monte Castelo

O 24 de maio, as aulas dos Ciclos Formativos do IES Perdouro abriron as súas portas ao alumnado do IES Monte Castelo para dar a coñecer a súa oferta educativa. 
 
Alumnos de 3º de ESO e 1º Bach do IES Monte Castelo acompañados pola súa profesora de Tecnoloxía e pola Orientadora foron recibidos na biblioteca Santiago Pérez, director, e pola nosa orientadora, Loly Chas, que lles programou un percorrido didáctico guiado polas instalacións das catro familias profesionais que ofrece o noso centro. Foron acollidos polos xefes de departamentos e por algún profesor das especialidades. O profesorado de FP explicoulles a carga horaria dos módulos impartidos, as actividades prácticas realizadas, a FCT e as posibles saídas laborais dos ciclos formativos de grao medio e superior. 
 
Accede ao noso álbum fotográfico aquí. 
 

Despedida 2º de Bach. 2017

O luns, día 22 de maio, celebrouse a cea de despedida dos alumnos de 2º de Bacharelato. Sorte para o que segue!
 
 
 
Andrea Alvite López, Andrés Andrade García, Antía Baño Rodríguez, Alicia Basanta Val, Angel Cerdeiro Rodríguez, Iria Cordido Fanego, Sara Cordido Requejo, Lara Escourido Rodríguez, María  Fernández Fernández, Ainoa López Abad, Paula López García, Artur Penabade Cociña, Marta Porto Rodríguez, Andrés Quiroga Rivas, Andrea Ramos Piñeiroa, Tamara Rico Berdeal, Enya Riveira López, Iago Rodríguez Hernández, Andrea Rodríguez Orol, Noa Vizoso López.
 
Pica aquí para visualizar o albúm de fotos. 
Distribuir contido


by Dr. Radut