Skip to Content

Curso 2017-2018

Acto de Presentación da revista Maruxía nº 24

 

Viaxe a Portugal

Os alumnos e alumnas de 1º de BAC fixemos unha viaxe de 5 días por Portugal na primeira semana do curso.
O noso primeiro destino foi Porto. Alí visitamos a casa da Música, un dos auditorios coa mellora acústica do mundo, obra de arquitetura que foi concebida para o evento Capital Europea da Cultura 2001, da autoría do arquitecto Rem Koolhaas e aclamada internacionalmente. Outros lugares de interese turístico que visitamos foron: ... seguir lendo no blogue de Perdourando.

Vendo células en división no microscopio!

Cumprindo os desexos dun alumno de Bioloxía de 4º ESO que quería ver esas famosas células das que tanto se fala e que el nunca viu, no mes de Maio fomos o laboratorio a ver ao microscopio células vexetais en división.
Neste caso eles e elas prepararon as súas propias mostras utilizando as raíces dun allo porro extraído da horta uns días antes. Aínda que eramos moitos en moi pouco espazo, o seu excelente comportamento fixo posible que todos conseguiran un porta coas súas propias células.
O vindeiro ano volveremos ao laboratorio!
Accede ás fotos aquí.
 
Virginia Alonso San Eloy, profesora de Bioloxía e Xeoloxía

Disección dun ollo

Onte no derradeiro día de clase de Bioloxía e Xeoloxía os alumnos e as alumnas de primeiro de bacharelato practicaron as súas habilidades cirúrxicas cun ollo de vitela grazas a Carnicería Rufino de Burela que nos doou oito ollos.
Nos primeiros instantes algúns manifestaron a grima que lles daba tocar os ollos ou collelos, polo que quedaron expectantes vendo como os seus compañeiros e compañeiras utilizaban .... seguir lendo a recensión de Virginia Alonso San Eloy, profesora de Bioloxía e Xeoloxía, no blogue de Perdourando.

Descubrindo a xeoloxía da praia das Catedrais

O pasado martes 20 de marzo, os alumnos e alumnas de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato fixemos unha ruta xeolóxica pola zona da praia das Catedrais, saíndo da praia dos Castros, pasando pola das Illas e rematando na devandita praia das Catedrais.
A pesar do vento e da choiva, a guía (Luna Adrados) conseguiu explicar as curiosas formas das rochas nesa área (arcos, “ollos”, furnas...) e o proceso ... seguir lendo a recensión elaborada de Antón Mazaira, 1º Bach. no blogue de Perdourando.

Alumnos transformáronse en ecólogos!

A dificultade para coñecer o número total de individuos dunha poboación ou estimar o número de especies é enorme.  Os investigadores teñen que recorrer ó uso de técnicas de mostraxe, nas que se realiza un reconto incompleto para, a partir del, por extrapolación, deducir o número total aproximado de individuos.

Servíndose dunha cartolina e de varios tipos de legumes e pastas,  os alumnos e alumnas de primeiro de bacharelato estimaron o número de exemplares de cada tipo presentes no seu ecosistema.  Utilizaron os dous métodos básicos de mostraxe: a mostraxe por cuadrantes e a mostraxe por transectos. Todos estes datos servíronnos de base para ós vindeiros estudos de biodiversidade, nos que calculamos a biodiversidade dos ecosistemas usando diferentes índices.

Accede ao albúm de fotografías aquí.

Fallo Concursos Os Matos 2018

 

Visita dos alumnos de 6º do Virxe do Carme

Esta mañá tivemos a visita do noso futuro alumnado. Recibimos os alumnos e alumnas de 6º de primaria do CEIP Virxe do Carme. Foron acollidos polo director, Santiago Pérez, pola vicedirectora, Dolores Otero, e pola orientadora. Visitaron as instalacións do centro e pasaron o recreo cos seus futuros compañeiros.

Pica aquí para visualizar o albúm de fotos.

Ruta dos portos marítimos

O día un de xuño os alumnos e alumnas de 2º de ESO viaxamos a diferentes portos naturais, acompañados pola nosa profesora de Xeografía e Historia, Maribel, polo noso profesor de Lingua Galega, Bernardo, e por Antón, exprofesor de Relixión. O primeiro porto que visitamos foi o de Rinlo. Explicáronnos un pouco sobre o pobo e a súa historia. Logo fixemos un traballo que consistía en facer 3 tipos de fotos, unha dunha panorámica do pobo, outra dun monumento emblemático e outra dun traballador ou habitante. En Rinlo tivemos 20 minutos para facer as fotos e unha vez feitas arrancamos ao próximo porto. A seguinte visita foi en Castropol. Alí explicáronnos a historia do club de remo e un pouco sobre o pobo. Tivemos como media hora para tomar a merenda e facer as fotos. Seguidamente fomos hacia Porto Vega. Vimos o museo Etnográfico de Navia, onde nos explicaron curiosidades sobre as baleas e o seu aproveitamento. Xantamos e exploramos polo pobo para facer as fotos. Por último o porto de Viavélez,  como en todos os portos, tivemos tempo para velo e para facer as fotos. Xa era hora de irse. Para min foi unha das mellores viaxes xa que algúns deses portos nunca os vira. O mellor foi poder coñecer novos sitios. Chegamos a Burela sobre as 18:00 horas, contentos pero cansos de todo o que tivemos que percorrer e facer.
Accede aquí ao albúm de fotos.

 
Crónica de Cristina Gil López, 2º ESO A

Felices Festas!!!!

 

Intercambio co IES Terra de Xallas de Santa Comba - acollida en Burela

Venres, día 4 de maio. Alumnas e alumnos de 2º de ESO estabamos con inquietude porque iamos recibir o grupo dos nosos correspondentes do IES Terra de Xallas, de Santa Comba, cos que xa con antelación tiveramos contacto grazas aos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos dous centros, dado que nos xa viaxaramos a Santa Comba ... seguir a recensión de Paula Enríquez Barcia no Blogue de Perdourando.

Obradoiro de escritura medieval - Ex-libris

23 de abril - día do libro
A mesma hora e o mesmo lugar, mais ese luns foi diferente. Non iamos ter as mesmas clases que de costume. Nas horas das materias de Física e Castelán, dúas relatoras convidadas explicáronnos as diferentes formas que tivo a escrita ao longo da historia e mostráronnos desde un pequeno taboleiro de cera até unha réplica do pergamiño Vindel. Que é o pergamiño Vindel? Eu tamén o preguntaba até que nos explicaron que se trata dun manuscrito que recolle as cantigas de Martín Codax, grande poeta do século XIII. 

Leonardo e os fontaneiros, adaptación teatral

Entrevista a Ana Carreira de Ubú Teatro
 
Laura Rodríguez, Laura García, María Lestao e Irene Basanta
Transcrición de Yaiza Rivas, Andrea Santos e Laura Rodríguez
 
Ana Carreira é actriz e dramaturga e é unha das protagonistas na obra Leonardo e os fontaneiros, adaptación ao teatro da obra narrativa do mesmo nome de María Victoria Moreno.
O alumnado de 1º e 2º ESO asistiu á representación desta obra da Compañía Ubú Teatro e Laura Rodríguez, María Lestao e Irene Basanta, estudantes de 1º de ESO, aproveitaron para facerlle unha entrevista a Ana Carreira.

A idea desta obra era representar un pouco as trasnadas dos nenos, pero falando desde o futuro, porque vosoutros en realidade representades a Begoña e a Antón falando do que fixeron no pasado, cando eran nenos.

Proxecto Neo - Radio Educativa

Non deixes de escoitar o noso programa semanal radiado por Radio Burela.

Os mércores de 5 a 6 da tarde emitimos en directo.

Tamén podes escoitarnos cando e onde queiras na radio á carta.

Proxecto Neo

Viaxe a Lugo - 4º ESO

CENTRO DE ARTESANÍA E DESEÑO EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS
 
O mércores 4 de abril os alumnos e alumnas de 4º de ESO do IES Perdouro fomos de viaxe de estudos ao centro de artesanía e deseño de Lugo. A exposición de intrumentos do Centro de Artesanía e Deseño está formada por fondos da antiga sección do Museo Provincial de Lugo e de producción propia a través de traballos de investigación, doazóns e adquisicións de particulares, principalmente. Abarca pezas tanto do patrimonio musical galego como procedentes doutras culturas, instrumentos mecánicos e obxectos sonoros, e réplicas de iconografía musical.
Distribuir contido


by Dr. Radut