Skip to Content

Admisión CICLOS

Admisión a ciclos formativos de formación profesional

Admisión e matrícula CICLOS FORMATIVOS

Información na web de FP da Consellería de Educación

Aplicación para a xestión da admisión a ciclos formativos


Máis información:

Oferta educativa de FP no IES Perdouro

Folletos informativos:

Folletos informativos: centros onde se imparte a formación profesional inicial, perfís profesionais (competencia xeral, postos de traballo máis relevantes, módulos, título que se obtén, acceso a outros estudos) e información dos centros educativos.

Matrícula en módulos soltos de ciclos formativos (réxime de persoas adultas) (curso 2018/2019)

Entre os días 2 e 5 de outubro (ambos incluídos) poderás matricularte nos ciclos do IES Perdouro, nos módulos soltos que desexes, polo réxime de persoas adultas (prazas vacantes do réxime ordinario).

Admisión a Ciclos Formativos: do 3 ao 11 de setembro

Se desexas obter praza nun ciclo formativo de formación profesional para o curso 2018/2019, debes presentar a túa solicitude durante o período extraordinario, desde o día 3 ao 11 de setembro (ás 13h).

Consulta a oferta de ciclos formativos do IES Perdouro, que en resumo é a seguinte:

Admisión Ciclos: Matrícula DIRECTA en prazas vacantes liberadas ata o 31 de xullo

A partir do 17 de xullo publicarase a listaxe de ciclos con prazas vacantes liberadas e abrirase o prazo de matrícula directa.

Se non che foi adxudicada unha praza ou non a solicitache previamente, podes matricularte de maneira directa nas prazas vacantes (nº limitado). A matrícula realizarase por orde de chegada, só con acreditar os requisitos de acceso e presentar a documentación indicada máis abaixo.

Consulta a listaxe de ciclos con prazas vacantes liberadas.

Admisión Ciclos: PRAZO DE MATRÍCULA do 17 ao 24 de xullo

O próximo martes 17 de xullo publicarase a listaxe da primeira adxudicación de prazas de ciclos formativos para o curso 2018-19 (alumnado que accede ao 1º curso do ciclo ou repite 1º curso).

Se che é adxudicada unha praza debes matricularte ou renunciar á mesma (prazo do 17 ata o 24 de xullo ás 13 horas)

Se non che foi adxudicada unha praza, tamén podes matricularte directamente nas prazas vacantes liberadas (nº limitado). A matrícula realizarase por orde de chegada, só con acreditar os requisitos de acceso. As listaxes de prazas liberadas publicaranse a partir do día 17 de xullo.

Admisión a Ciclos Formativos: do 25 de xuño ao 3 de xullo

Se desexas obter praza nun ciclo formativo de formación profesional para o curso 2018/2019, debes presentar a túa solicitude durante o período ordinario, desde o día 25 de xuño ata as 13h do 3 de xullo (haberá un período extraordinario do 3 ao 11 de setembro).

Consulta a oferta de ciclos formativos do IES Perdouro, que en resumo é a seguinte:

  • Ciclos medios: Instalacións de telecomunicacións, Mecanizado, Peiteados e cosmética capilar, Xestión administrativa
  • Ciclo superior: Administración e finanzas.

Distribuir contido


by Dr. Radut