Skip to Content

Orientación

Probas de Acceso Universidade 2017

Publicado no BOE o Real Decreto-lei 5/2016, do 9 de decembro, das medidas urxentes para a ampliación do calendario de implantación da Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.



No seguinte enderezo pódese ver a nota de prensa do Ministerio, que vén a resumir o seu contido: 

Básicamente,

- A avaliación final de Educación Secundaria Obligatoria:

  • Será unha  mostra, participando únicamente nela o alumnado matriculado en cuarto curso seleccionado pola Administración educativa, exclusivamente pola opción cursada. A mostra de alumnos e centros deberá ser suficiente para obter datos representativos. En calquera caso, as Administracións Educativas podrán elevar o número de centros participantes por encima das necesidades da mostra, ou inclusive realizalas con carácter censal.
  • Limitarase ás materias troncais xerais do último curso.
  • Non terá efectos académicos, sinon que terá unha finalidade meramente diagnóstica. En consecuencia, a súa superación non será necesaria para a obter o título de Graduado de ESO, nin os seus resultados constarán no expediente académico individual.

 - A avaliación final de Bacharelato:

  • Realizarase exclusivamente para o alumnado que queira acceder a estudios universitarios.
  • Será similar á Proba de Acceso á Universidade, aínda que con dúas importantes diferencias: Por un lado, a avaliación terá por obxecto as competencias nos términos establecidos nos currículos de ESO e Bacharelato aprobados no desenvolvemento da LOMCE (Real Decreto 1105/2014, do 26 de decembro); e por outro, avanzase na uniformidade da proba, que deberá axustarse ás características, datas e contido que se establezan mediante Orde do Ministro de Educación, Cultura e Deporte.
  • Non terá outros efectos académicos que os de acceso á universidade.
  • Limitarase ás materias troncais xerais do último curso, e as materias troncais de opción para subir nota.

Estratexia galega de convivencia escolar

 

 
As actuacións en urxencias sanitarias e a atención nos procesos e condicións de saúde que afectan ao alumnado por un tempo prolongado ou ao longo de toda a súa vida, son claves na construción dun clima escolar pacífico, positivo e respectuoso coa diversidade. No marco da Estratexia Galega para a Convivencia Escolar, ponse a disposición da comunidade educativa galega un Protocolo básico que será paulatinamente complementado por diferentes Addendas.
 


No marco da Estratexia galega de convivencia escolar 2015-2020, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria proporciona aos centros docentes unha ferramenta para desenvolver o procedemento corrector de condutas contrarias ás normas de convivencia, que guía a actuación do profesorado nestes casos. Esta ferramenta consta dunhas orientacións que pretenden dar resposta ás cuestións máis frecuentes que se formulan os centros cando se enfrontan a unha situación desta índole, e uns modelos normalizados que recollen o procedemento que cómpre seguir para a súa tramitación. Acompáñanse estes dous documentos cun mapa gráfico que ilustra todo o proceso.


Asimesmo, ponse a disposición dos centros educativos unha versión actualizada do protocolo xeral de prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar. Tanto o documento como os anexos que o acompañan, pretenden facilitar e axilizar a súa posta en práctica, recollendo estratexias de prevención e de actuación, así como a lexislación relativa a todo o procedemento.


Protocolo Xeral de prevención, detección e tratamento do Acoso Escolar e Ciberacoso

Instrucións da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa polas que se traslada o Protocolo Xeral de prevención, detección e tratamento do Acoso Escolar e Ciberacoso nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia

Ademais,  pode acceder ao documento do citado protocolo ao completo, así como aos anexos que o complementan no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitarina desde a seguinte dirección: http://www.edu.xunta.es/web/node/9678

Orienta 2015-2016

O programa Orienta é unha aplicación informática dirixida aos alumnos.

Contén información actualizada sobre o sistema educativo: itinerarios dende 4º da ESO aos estudos superiores, catálogo das titulación da formación profesional, certificados de profesionalidade, universidades e carreras que ofrecen, e a normativa vixente.

Execútase en sistemas Windows.

Descarga o programa Orienta 2015-2016 e instálao no teu equipo.

Como xa sabes, tamén se ofrécese unha versión para móbiles que se pode consultar escribindo a seguinte URL no voso navegador web do móbil: http://www.orientaline.es/?yafxb=21590

 

 

Que estudar e onde?

Ligazón a Que estudar?Se desexas saber onde podes estudar un determinado ciclo formativo, ensinanzas artísticas, deportivas ou unha carreira universitaria podes empregar o buscador que aparece na web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Na páxina tamén atoparás información sobre os prazos de matrícula, documentación necesaria e notas de corte.

Na web de FP do portal de educación podes consultar a Oferta da Formación Profesional en Galicia

A través do Rexistro de universidades, centros e títulos (RUCT) pode obter a información máis relevante sobre as universidades, centros e os títulos que conforman o sistema universitario español, no que constan inscritos os novos títulos de Grao, Máster e Doutoramento oficiais. Ademais, o RUCT ten carácter público e de rexistro administrativo, e foi concibido como un instrumento en continua actualización.

Notas de corte para o acceso as Universidades españolas

Se vos interesa coñecer as notas de corte para os graos das diversas Universidades españolas, públicas e privadas, pinchade aquí.

Pero se o que vos interesa é coñecer as notas de corte nas Universidades galegas, pinchade aquí.

Residencias universitarias en Galicia.

Aquí atoparás unha lista con tódalas residencias universitarias de Galicia, propias e concertadas polas nosas universidades.

Ingreso nas universidades galegas

Aquí atoparás toda a información precisa para entender o proceso de ingreso a universidade: requisitos de acceso, distribución de prazas, proceso de admisión en titulación con e sen límita de prazas, oferta de prazas para cada Grao,...

Becas e axudas o estudo

Se queres obter información sobre becas e axudas para futuros estudantes universitarios, pincha aquí e descubrirás información moi útil.

¿Como buscar emprego?

Se queres algúns consellos sobre como buscar emprego poderías adicarlles uns minutos a varios artigos da prensa especializada en orientación profesional, seguro que che axudan. Pincha aquí e sorte.

¿Que facer o curso próximo?

Se non tes claro a carreira universitaria que queres cursar, ou o Ciclo Formativo de Grao Superior que podería resultar máis interesante para ti, ou o Ciclo Formativo de Grao Medio, ou a modalidade do Bacharelato máis apropiada para ti. Suxírote que pinches aquí e que fagas os dous cuestionarios os que poderás acceder en calquera das familias profesionais que atoparás nesa páxina.
Unha vez que teñas feito os dous cuestionarios xa saberás que che gusta e que se che da mellor. 
Distribuir contido


by Dr. Radut