Skip to Content

FP

Formación Profesional

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE FP. CONVOCATORIA 2013

Probas de acceso a CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR.

Período de inscripción á proba: Do luns 28 de xaneiro ao venres 8 de febreiro
Celebración da proba: Xoves 25 de abril de 2013

Lugar de celebración no ano 2012
IES PERDOURO
Rúa do Instituto s/n
Burela
As persoas que acudan ás probas procurarán estar nas inmediacións do centro coa antelación suficiente, tendo en conta os problemas de aparcadoiro que poidan xurdir, xa que estamos a carón do Hospital da Costa.

Presentación.
–Ás 9:00 horas.

Parte común da proba.
 –Das 10:15 ás 13:45 horas
· Lingua Castelá
· Lingua Galega
· Matematicas
 
Parte específica da proba.
– Das 16:00 ás 18:30 horas:
materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo.
 

En cada chamamento as persoas inscritas estarán situadas na porta da entrada ao edificio principal á espera de instruccións do tribunal.

As persoas que estean exentas de realizar a parte específica acudirán soamente ao chamamento das 9:00 horas.

As persoas que estean exentas de realizar a parte común acudirán directamente ao chamamento antes das 16:00 horas.

As persoas que estean exentas das dúas partes non terán que acudir á celebración da proba


Aquí atoparás un resumo da información máis importante para inscribirte as probas de acceso a CFGS.
 

 
Probas de acceso a CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO.
Período de inscripción á proba: Do luns 25 de febreiro ao venres 8 de marzo
Celebración da proba: 23 de maio de 2013

Aquí atoparás un resumo da información máis importante para inscribirte as probas de acceso a CFGM.
 

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS 2012


 ACREDÍTATE 

Pon en valor a túa experiencia profesional

 

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven de convocar  probas para a acreditación de competencias profesionais adquiridas no desenvolvemento do traballo ou por outras vías non formais de aprendizaxe, correspondentes a unidades de competencia integradas en cualificación profesionais e títulos de Formación Profesional.

O prazo de presentación de solicitudes de participación será dende o 16 de xaneiro ata o 15 de febreiro de 2012

máis información...

 

Recoñecemento de créditos nos Graos

Se tes un CFGS, ou están pensando nelo, e estás valorando a posibilidade de acceder a unha carreira universitaria, préstalle atención o documento que aquí che presentamos. Verás que podes solicitar a convalidación de varias materias do Grao que desexes cursar. 

Convalidacións nos Graos

 


A Formación Profesional para persoas adultas

Agora tes a posibilidade de cursar certos Ciclos Formativos de F.P., por réxime das persoas adultas, en modalidade presencial ou  a distancia.

No pasado mes de xuño a Xunta de Galicia publicou a oferta para o curso 2016-2017. Se que interesa aquí tes o oferta completa para Galicia e información xeral sobre admisión.

Acceso a Universidade desde a Formación Profesional

Se queres saber como é o acceso a Universidade desde un CFGS, pincha aquí.

Para completar a información que acabas de ver, pincha sobre cada un dos seguinte documentos:

ANEXO I

ANEXO II

A Formación Profesional en España

Se están pensado en facer algún ciclo formativo que non se oferte na Comunidade Autónoma de Galicia, pincha aquí e atoparás toda a información relevantes.

A nova Formación Profesional

Se queres máis información sobre os Ciclos Formativos que se imparten durante este curso, picha aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut