Skip to Content

Taboleiro

Amplíase o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional

Amplíase o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes ata o día 22 de setembro ás 13:00 horas.

Presentación de CUALE o martes 19 de setembro ás 17:00h

  

Presentacións de inicio de curso 2023-24

Xa estamos de volta!

As presentacións de inicio de curso son o luns 11 e o martes 12 de setembro. O lugar é a biblioteca do centro e desde alí o profesorado titor acompañaravos á vosa aula de referencia. Cada grupo comezará as clases ao día seguinte da súa presentación. 

Benvidos ao curso 2023-24 no IES Perdouro! 





Oferta educativa 23/24

 

 

Publicación de notas da ESO en Abalar

As cualificacións da ESO non puideron ser publicadas en Abalar por incidencias no programa que a unidade técnica ten que solucionar. Pola información da que dipoñemos, o luns 26 de xuño deberían estar arranxadas. 

Calendarios de exames -XUÑO 2023

Nos enlaces que aparecen a continuación pódense consultar os calendarios de exames.

EXAMES DE RECUPERACIÓN - 3º - 4º ESO (Avalición final)

EXAMES AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA BACHARELATO

EXAMES AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA 1º CICLOS BÁSICOS

Axudas para material escolar. Curso 2023-24

Está aberto o prazo para a solicitude de material escolar para o curso 2023-24.

Orde do 10 de maio de 2023

Prazo: do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023

Novo reparto de froita fresca para o alumnado de ESO

Ata o luns 15 de maio repartirase froita fresca ao alumnado da ESO grazas ao programa de distribución de froitas frescas e castañas do Fondo Galego de Garantía Agraria. 
 
Continúase tamén co reparto de leite.
 
Esta axuda finánciase con fondos europeos. 

 

Comeza o reparto de leite nos recreos para a ESO

luns 17 de abril comezamos coa distribución de leite nos recreos para o alumnado da ESO. Esta entrega durará ata o 14 de xuño. 

Trátase dun programa do Fondo Galego de Garantía Agraria financiado con fondos europeos.

Recomendamos depositar os cartóns de leite baleiros no colector amarelo. 

Se non o vas beber, non o tires, devólveo. Seguro que hai alguén que aproveitará para tomar dobre ración. 

 

Aberto o prazo de solicitude de becas MEC_Curso 2023-2024

Está aberto o prazo de solicitude de becas MEC para o vindeiro curso 2023-2024.

Están dirixidas a todo o alumando de ensino postobrigatorio: BAC, FP grao medio e superior, Ensinanzas artísticas profesionais e superiores, Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, Ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores, Universidades e ademais FP de grao básico.

Importante: Este é o único prazo que existe para facer a solicitude.

Convocatoria Bolsas Eurolingua

Está aberta a convocatoria para as Bolsas Eurolingua.

Colabora e doa sangue

Mostra a túa solidariedade e colabora dedicando 10 minutos a doar sangue. 
 
Achégate ao aparcamento do IES Monte Castelo o xoves 4 de marzo de 10h30 a 13h30.
 
Se queres información sobre as condicións físicas necesarias, o que debes facer despois de doar e as necesidades do noso sistema de saúde, búscaa no documento adxunto. 
 

 

Divírtete xogando de forma cooperativa o domingo 5 de marzo pola tarde

Este domingo 5 de marzo durante toda a tarde poderás participar en xogos cooperativos de cohesión grupal e traballo en equipo no Pavillón dos Institutos. Trátase dunha actividade organizada pola USC en colaboración co Concello de Burela e o Burela F. S. 
 
Haberá tres grupos en función das idades. Inscríbete AQUÍ
 
Divírtete cos amigos a tarde do domingo!
 

Iníciase o programa de distribución de froita fresca para a ESO no recreo

Durante 10 días repartirase froita fresca ao alumnado da ESO grazas ao programa de distribución de froitas frescas e castañas do Fondo Galego de Garantía Agraria. 
 
Esta axuda finánciase con fondos europeos. 

 

Posponse a final de fútbol e de baloncesto do torneo de San Xoán Bosco

Pospóñense as finais de fútbol e de baloncesto que ían celebrarse o luns 30 pola tarde. A metade dos xogadores dun dos equipos finalistas teñen outra cita deportiva esa tarde, polo que non poden participar. 

Cando teñamos unha data na que poidamos utilizar de novo o pavillón para celebrar as competicións, farémolo público. 

Distribuir contido


by Dr. Radut