Skip to Content

Axudas para material escolar. Curso 2023-24

Está aberto o prazo para a solicitude de material escolar para o curso 2023-24.

Orde do 10 de maio de 2023

Prazo: do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023

Forma de presentación:

  • Presentación no centro: Neste caso deberán imprimir as solicitudes e o anexo II e presentalos no centro debidamente asinados, xunto coa documentación requirida.
  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

 

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA

  1. ANEXO I debidamente cuberto.
  2. DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

Para o alumnado de ESO
a) Anexo II para a comprobación doa membroa computablea da unidade familiar.
b)
Copia  do libro de familia ou equivalente donde figuren todos os membros computables.
En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio
regulador onde constate a atribución da custodia do/a menor.
Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios ateriores), poderaseno acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
Certificado ou volante de convivencia.
Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.


c) Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial constitutiva de curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumando en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor/a carezan de DNI e NIE.



page | by Dr. Radut