HORA DE LER 2022- 2023
DECRETO PLAN LECTOR
Semana |
Sesión |
Semana |
Sesión |
Semana |
Sesión |
1º trimestre |
2º trimestre |
3º trimestre |
|||
03 – 07 outubro |
1 ª |
28 – 02 decembro |
3 ª |
06 – 10 marzo |
3 ª |
10 – 14 outubro |
2 ª |
07 – 09 decembro |
4 ª |
13 – 17 marzo |
4 ª |
17 – 21 outubro |
3 ª |
12 – 16 decembro |
5 ª |
20 – 24 marzo |
5 ª |
24– 28 outubro |
4 ª |
19 – 22 decembro |
6 ª |
27 – 31 marzo |
6 ª |
02 – 04 novembro |
5 ª |
09 – 13 xaneiro |
1 ª |
11 – 14 abril |
1 ª |
07 – 11 novembro |
6 ª |
16 – 20 xaneiro |
2 ª |
17 – 21 abril |
2 ª |
14 – 18 novembro |
1 ª |
23 – 27 xaneiro |
3 ª |
24 – 28 abril |
3 ª |
21 – 25 novembro |
2 ª |
30 – 03 febreiro |
4 ª |
02 – 05 maio |
4 ª |
|
|
06 – 10 febreiro |
5 ª |
08 – 12 maio |
5 ª |
|
|
13 - 17 febreiro |
6 ª |
15 – 19 maio |
6 ª |
|
|
23 – 24 febreiro |
1 ª |
22 – 26 maio |
1ª |
|
|
27 – 03 febreiro |
2 ª |
29 – 02 xuño |
2ª |
![]() |
Calendario 2022-2023 |
![]() |
Normas Hora de Ler |
![]() |
Na lectura, cada minuto conta |
HORA DE LER - PROGRAMA DE LECTURA SILENCIOSA E SOSTIDA - ESO
A actividade busca mellorar o comportamento lector respondendo ós intereses de lectura propios dos lectores que debe responder a unha lectura seleccionada por gusto e non por obrigación. Costa, porque haberá algúns que busquen aproveitar a oportunidade para oporse, na esperanza de quedar libres a esa hora. Pero hai que entusiasmar e afacer.
· É un programa:
Non pode facerse ocasionalmente, senón que debe converterse nun exercicio habitual e permanente. Non hai controis, nin exercicios, nin ningunha avaliación asociada á actividade.
· Debe ser lectura silenciosa:
Unha lectura colectiva oral non fornece os mesmos efectos. A vantaxe do silencio radica en que mellora o comportamento lector en varias formas:
o Permite que se lea unha gran variedade de textos, de acordo ós intereses dos lectores.
o Significa un esforzo menor que permite concentrarse na comprensión.
o Elimina tensións ó non haber xuízo público das súas habilidades lectoras ou de comprensión (como ocorre na lectura oral pública).
o Permite que o lector respecte e adecúe a súa lectura ós seus propios ritmos.
o Afai ó estudante a utilizar a lectura como método de estudo.
o Elimina mediatizadores externos tales como pronuncia, altura e timbre de voz, preocupación polo auditorio, avaliación do docente, etc.
o Pon en práctica as técnicas de lectura ensinadas previamente.
o Mellora a ortografía de palabras usuais ó velas e lelas ben escritas en forma permanente.
· Deben participar os docentes (ou outros adultos do establecemento) lendo:
Isto baséase en que gran parte das condutas adquírense por imitación de modelos persoais. Un profesor que le algo que lle interesa, cunha boa postura e atención, é un exemplo potentísimo, superior a calquera advertencia ou suxestión. É importante que vexan lendo tamén ó persoal administrativo e directivo.
· Debe lerse sen interrupcións:
Adquirir unha información superficial a través da lectura, leva pouco tempo; pero asimilar a información e integrala con vivencias persoais require de tempos maiores que non admiten interrupcións.
· As lecturas deben ser autoseleccionadas:
a) Porque o proveito é maior cando responde a intereses persoais.
b) Porque dese modo convértese en algo grato e desexado.
c) Porque posibilita unha mellor adaptación entre texto e lector.
d) Porque se fai realidade o ámbito de liberdade que provoca a lectura.
· Os materiais deben ser coherentes e completos:
Non serve que o estudante se adique só a mirar diarios e revistas, porque as informacións dilúense ó ser substituídas por outras distintas. Os materiais deben ter información completa e coherente. A comprensión vincúlase a un desenvolvemento interior que esixe achegues significativos, enfocados dende distintos puntos de vista, pero nunca fragmentarios, senón completos.
· É un programa complementario e non sustitutivo de outras actividades de lectura. Deben entenderse como tarefas interdependentes, complementarias e nunca excluíntes entre si.
Esta está suxeita ás normas de disciplina do centro; polo tanto, calquera falta durante o seu desenvolvemento poderá ser sancionada.