Skip to Content

Transporte Escolar

Servizos de transporte de viaxeiros

O IES Perdouro non dispón de servizo de transporte escolar oficial, ao non darse os requisitos de distancias dentro da súa área de influencia. Non obstante, existen transportes de liña regular ou discrecionais que se poden utilizar.

Alumnado de Burela:

Para o alumnado de Burela, a empresa Autos Morán ofrece un servizo privado de transporte tanto para a ida como para o retorno do instituto. Para solicitalo deben contactar directamente coa empresa (Tlfno: 982521208, móbil: 627673368, correo electrónico:  moran@morangrupo.es)

Alumnado doutras poboacións da Mariña:

Axudas individualizadas de transporte escolar para alumnado de Formación Profesional Básica

O alumnado de FP Básica que teña a consideración de alumnado de ensinanza obrigatoria e que resida a máis de 2 km do centro educativo, pode solicitar unha axuda individualizada para transporte. A concesión da axuda e o importe da mesma estarán suxeitos ás instrucións emitidas cada ano pola Consellería de Cultura e Educación.

Solicitude:

Lugar e prazo: as solicitudes presentaranse na secretaría do centro, durante o mes de setembro.

Documentación a achegar: Modelo de solicitude cuberto con todos os datos e unha certificación bancaria da conta (IBAN)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut