Skip to Content

Que estudar e onde?

Ligazón a Que estudar?Se desexas saber onde podes estudar un determinado ciclo formativo, ensinanzas artísticas, deportivas ou unha carreira universitaria podes empregar o buscador "Qué estudiar y donde en la Universidad" (QEDU) que aparece na web do Ministerio de Educación e Formación Profesional. Na páxina tamén atoparás información sobre os prazos de matrícula, documentación necesaria e notas de corte.

Na web de FP do portal de educación podes consultar a Oferta da Formación Profesional en Galicia

A través do Rexistro de universidades, centros e títulos (RUCT) pode obter a información máis relevante sobre as universidades, centros e os títulos que conforman o sistema universitario español, no que constan inscritos os novos títulos de Grao, Máster e Doutoramento oficiais. Ademais, o RUCT ten carácter público e de rexistro administrativo, e foi concibido como un instrumento en continua actualización.



page | by Dr. Radut