Skip to Content

Admisión ciclos. Matrícula DIRECTA en prazas liberadas do C.S. Administración e finanzas: ampliado o prazo ata o 15 de setembro

Actualización: O prazo de matrícula en ciclos e módulos con prazas dispoñibles amplíase ata as 13:00 horas do 15 de setembro de 2021.

Ábrese o prazo de matrícula directa en ciclos e módulos de formación profesional con prazas dispoñibles desde o día 2 de setembro ás 9:00 horas ata o día 15 de setembro ás 13:00 horas.

Se non che foi adxudicada unha praza ou non a solicitache previamente, podes matricularte de maneira directa nas prazas vacantes (nº limitado). A matrícula realizarase por orde de chegada, só con acreditar os requisitos de acceso e presentar a documentación que se indica máis abaixo. 

Consulta a oferta de ciclos formativos do IES Perdouro agora tamén en modalidade Dual

Documentación a achegar para a matrícula en prazas liberadas:

  • Anexo I (solicitude de admisión) cuberto
  • DNI ou NIE da persoa solicitante (no seu defecto, pasaporte ou documento da UE)
  • Certificación académica acreditativa do requisito de acceso
  • Recibo do seguro escolar (pagar 1,12€ en Abanca: IBAN ES13 2080 0183 2430 4000 0260)
  • Tarxeta sanitaria
  • Tres fotografías tamaño carné

Máis información:

Para máis información contacta co IES Perdouro:

  • Teléfono: 982 870 102
  • Correo electrónico: ies.perdouro@edu.xunta.gal
  • Rúa do Instituto, s/n; 27880 Burela (Lugo)
  • GPS: 43.652140, -7.357292

Tamén podes visitar o portal de FP da Consellería de Cultura e Educación



page | by Dr. Radut