Skip to Content

FP Dual no IES Perdouro: estuda cobrando e remata con un posto de traballo

O IES Perdouro ofréceche a posibilidade de estudar un ciclo formativo:

  • Con seis meses de formación en empresa
  • Cobrando unha remuneración
  • De alta na Seguridade Social
  • Obtendo un contrato de traballo ao finalizar
  • Sen requisitos de idade

Aberta a matrícula directa ata o día 31 de xullo en prazas vacantes liberadas. Consulta a información sobre prazas liberadas na web de FP.

Explicámolo un pouco máis:

Dentro dos ciclos formativos de réxime ordinario, unha parte do alumnado terá a opción de realizar o segundo curso en modalidade dual.

O centro educativo ofrecerá algunhas prazas(1) para realizar o segundo curso do ciclo en modalidade dual, incorporándose a unha empresa durante os dous últimos trimestres. O alumnado que solicite unha destas prazas debe superar un proceso de selección que inclúe, entre outros, os seguintes requisitos:

  • Ter aprobado todo o primeiro curso
  • Ter aprobada a primeira avaliación do segundo curso.

A formación en modalidade dual desenvólvese nas seguintes condicións resumidas:

Seis meses de formación en empresa. No segundo ano do ciclo formativo, o alumnado de modalidade DUAL incorpórase a unha empresa no mes de xaneiro ata rematar o ciclo no mes de xuño, de forma permanente(2). Neste tempo, o alumno/a combina formación na empresa con traballo na mesma.

Cobrando unha remuneración. O alumno ou alumna recibe unha bolsa mensual por un importe mínimo de 450€ (50% do salario mínimo interprofesional) durante o período de formación na empresa.

Alta na Seguridade Social. O alumnado é incorporado ao réxime xeral da Seguridade Social, coas coberturas de: • Incapacidade temporal • Accidentes • Xubilación

Obtendo un contrato de traballo ao finalizar. Se ben o contrato de traballo non está garantido, unha vez que o alumno/a permaneceu na empresa durante seis meses, integrándose nos seus procesos produtivos e no seu equipo, son moitas as probabilidades de ser contratado/a por esta mesma empresa. En calquera caso, a formación e experiencia adquiridas melloran considerablemente a empregabilidade do alumno/a e facilitan a súa inserción laboral.

Sen requisitos de idade. O alumnado dos ciclos formativos do réxime ordinario non ten límites de idade para acceder á modalidade dual (mínimo 16 anos). Con todo, a empresa deberá dar a súa aprobación se o alumno/a fora menor de idade no momento de incorporarse á mesma.

(1) A oferta destas prazas dependerá do número de empresas dispoñibles para recibir alumnado en modalidade de FP Dual. (2) O equipo docente pode decidir nalgún caso que o alumno/a acuda ao centro para realizar determinadas actividades de formación ou de avaliación.

Qué ciclos se ofrecen en modalidade dual no IES Perdouro?

Ofrécense prazas de FP Dual nos seguintes ciclos de grao medio do réxime ordinario:

    
 
 
     
 
 
 

Cómo te podes matricular?

Aviso: Ata o 31 de xullo estará aberta a matrícula directa nestes ciclos. Na web de FP está publicada a listaxe de ciclos con prazas vacantes liberadas.

O proceso de admisión é o habitual para os ciclos formativos do réxime ordinario. A incorporación á modalidade dual solicítase ao inicio do segundo curso do ciclo.

No portal de FP da Consellería de Educación podes consultar a información xeral sobre o proceso de admisión.

Máis información sobre a FP DUAL no réxime ordinario:

Na web do IES perdouro:

Información sobre FP Dual en ciclos formativos do réxime ordinario

Primeira experiencia no curso 2018/2019: FP Dual no ciclo medio de Mecanizado

Nota: a información sobre FP Dual na web de FP da Consellería de Educación non corresponde á FP Dual nos ciclos de réxime ordinario que se trata aquí, senón á FP Dual no réxime de persoas adultas.



page | by Dr. Radut