Skip to Content

FP Dual en ciclos formativos do réxime ordinario

Qué é a FP Dual?

A formación profesional dual ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia que combina os procesos de ensino e aprendizaxe do alumnado no centro educativo e na empresa, así como a actividade laboral nesta última. Os centros e as empresas comparten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral.

Desde a súa implantación no sistema educativo de Galicia, no ano 2013, a FP Dual veuse organizando a través de proxectos experimentais de ciclos formativos do réxime para as persoas adultas, autorizados especificamente en modalidade dual pola Consellería de Educación.

A nova FP Dual para os ciclos do réxime ordinario

No curso 2017-2018 a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional puxo en marcha en Galicia unha nova variedade de Formación Profesional Dual dirixida ao alumnado matriculado no segundo curso dos ciclos formativos do réxime ordinario, de maneira que o alumnado participante continúa a súa formación nunha empresa, en modalidade dual, desde o mes de xaneiro ata rematar o ciclo en xuño, beneficiándose dunha bolsa mensual.

Os centros educativos, sen necesidade de autorización previa por parte da Consellería, teñen a posibilidade de establecer acordos con empresas ou institucións do sector ou sectores que  correspondan e ofrecer esta modalidade ao alumnado de 2º curso dos seus ciclos formativos do réxime ordinario.

Selección do alumnado

Calquera alumno ou alumna maior de 16 anos interesado/a en continuar a súa formación na modalidade dual, que considere que reúne os requisitos de acceso á mesma, poderá presentar a súa solicitude dirixida á dirección do centro educativo.

O centro educativo realiza a selección do alumnado en colaboración coas empresas, en función dos seguintes criterios:

  1. O alumnado participante debe ter superado todo o primeiro curso do ciclo formativo, así como a primeira avaliación do segundo curso (criterio establecido polo IES Perdouro)
  2. Expediente académico .
  3. Perfil do alumno/a, no que se refire principalmente á súa actitude e aptitudes.

Vínculo do alumnado coa empresa

Na modalidade de FP Dual para os ciclos formativos do réxime ordinario, o alumnado participante permanece na empresa como beneficiario dunha bolsa, non tendo en ningún caso vinculación laboral coa mesma. A bolsa será dun importe mínimo do 50% do soldo mínimo interprofesional, deducible polas empresas no imposto de sociedades ata o 35%. O alumnado debe ser incorporado ao réxime xeral da Seguridade Social.

Desenvolvemento do período de formación na empresa

O alumnado participante poderá realizar actividades de formación na modalidade dual desde o mes de xaneiro ata o remate do curso en xuño.

A formación impartirase de forma compartida entre o centro educativo e a empresa ou institución, de xeito que se garanta a adquisición dos resultados de aprendizaxe establecidos no currículo do ciclo formativo que se estea a cursar.

De ser necesario, o centro educativo, en consenso coa empresa, establecerá no período de abril a xuño un calendario de actividades de reforzo e complemento para realizar no centro educativo.

Tanto o centro educativo como a empresa designarán sendas persoas titoras, que se ocuparán do seguimento e coordinación da actividade formativa de cada alumno ou alumna.

Vantaxes para o alumnado

  • Fórmase nun entorno laboral real, adquirindo competencias complementarias ás curriculares, que lle confiren un grao de especialización no sector produtivo da empresa.
  • Maior facilidade para a súa inserción no mercado laboral mediante a adquisición dunha titulación de formación profesional de xeito simultáneo á súa integración nos procesos produtivos e no equipo da empresa.
  • O alumnado percibe unha remuneración en forma de bolsa desde o inicio do seu período de formación e é dado de alta no réxime xeral da Seguridade Social.

Vantaxes para a empresa

  • Beneficiase da oportunidade de seleccionar ao mellor alumnado do ciclo formativo, segundo o expediente académico e segundo o perfil máis adecuado á empresa.
  • Pode formar aos seus futuros traballadores á súa medida (en certo modo), ofrecéndolles formación complementaria especializada axustada ás características da empresa.
  • Ao posuír un amplo coñecemento do alumnado, a empresa decide con garantías sobre a súa contratación ao remate do ciclo, beneficiándose da plena integración e produtividade destes traballadores desde o primeiro día.

Normativa

Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual (BOE 09/11/2012) (Os proxectos de FP dual no ámbito do sistema educativo regúlanse no Título III).

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2020/21 (DOG 17/08/2020).

Máis información

Documento informativo do IES Perdouro para o curso 2019-2020

Información sobre FP Dual na web da Consellería de Educación (Esta información refírese, por agora, á modalidade de persoas adultas, non á modalidade de FP Dual no réxime ordinario)

Documentos

Formulario de solicitude para o alumnado

Modelo de acordo específico entre centro educativo e empresa

Modelo de Programa Formativo (CM Mecanizado)

Modelo de Plan Formativo Individualizado

Datos de contacto

Subdirección Xeral de F.P. - Servizo de Ordenación e Formación Profesional:

Teléfono xeral: 981 54 65 34
Teléfono asesoría FP Dual: 881 99 70 94
Correo electrónico: sfp@edu.xunta.es  
Portal de FP, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional:
http://www.edu.xunta.es/fp/formacion-profesional-dual-en-galicia 

FEUGA – Fundación Empresa-Universidade Galega

www.feuga.es 
Teléfono: 981 534 180
Correo electrónico: feuga@feuga.es 

Outros sitios e documentos de interese, alleos á Consellería de Educación

Portal Todo FP, do Ministerio de Educación e Formación Profesional

Reportaxe sobre a FP Dual en Galicia de RTVE (minuto 5:45)

Vídeo da fundación Bertelsmann “FP Dual, un camino de éxito”

 



page | by Dr. Radut