Skip to Content

Curso 2017-2018

Coloquio con ex-parlamentarios dos tres grupos políticos

O Dpto. de Xeografía e Historia programou o encontro anual entre 3 ex-parlamentarios e os alumnos de 3º e 4º de ESO. A actividade enmarcase dentros das actuacións promovidas polo Parlamento de Galicia e pola Asociación de Exparlamentarios/as. A charla-coloquio tivo lugar o venres 20 de outubro na biblioteca do IES Perdouro.

Neste acto participaron os exdeputados María Emma Álvarez Chao (PPdeG), Ismael Rego González (PSdeG-PSOE) e Alberte Xullo Rodríguez Feixóo (BNG).Logo dunha breve presentación, os ex-parlamentarios mantiveron cos alumnos un coloquio moderado por Toño Blanco, Xefe de Dpto. de Xeografía e Historia. 
 
Esta charla-coloquio ten como finalidade que os alumnos do centro educativo coñezan o Parlamento de Galicia. Con ese fin, os exparlamentarios relataron en qué consisten as funcións da Cámara autonómica, a súa composición e órganos, e contestaron as preguntas dos asistentes, algunhas delas comprometidas e de dificil resposta.  Previamente o encontro, os alumnos visionaron unha proxección audiovisual, que fai un percorrido pola realidade da principal institución política de Galicia.


Accede ás fotos do noso albúm aquí.

Di K Non - sesión 2 : visita ao centro penitenciario de Teixeiro

A segunda sesión do Obradoiro de prevención de drogodependencia entre Adolescentes Di K Non, realizouse na Unidade Terapeutica Educativa do centro Penitenciario de Teixeiro. Nesta sesión alumnos de FP Básica foron visitar o centro penitenciario o martes 10 de outubro pola mañá. Situáronse nun contexto de privación de liberdade para comprender as consecuencias do consumo e/ou uso de drogas. Algunhas destas sustancias adictivas (alcol, tabaco...), non están moi alonxadas dos entornos do alumnado e esa familiaridade dificulta o exercicio da capacidade de reflexión crítica para tomar decisións persoais responsables.



Antes de entrar ao módulo, impactounos as medidas de seguridade, as concertinas no alto dos altos muros...pero tamén vimos instalacións coidadas: limpeza, impresionantes murais deseñados polos propios internos, xardíns coidados por eles... O busto en madeira de Concepción Arenal (a pioneira ferrolana que cambiou diametralmente o modo de ver e tratar á  poboación reclusa) presidía o módulo. Recíbennos cun agasallo. Unha preciosa pulseira de coiro elaborada por eles na que se pode ler o lema do programa: DI  K NON

Visita a Samos e o Cebreiro

O día 10 de outubro alumnos e alumnas de 3º ESO viaxaron ata Samos e O Cebreiro para coñecer máis de preto algúns aspectos do Camiño Francés, guiados polo profesor Antón Niñe.

Pola mañá visitaron a
Capela do Ciprés e o Mosteiro de Samos. No percorrido polo interior do cenobio puideron ver os dous claustros, o grande, onde puideron contemplar a figura do P. Feijóo, e o pequeno (gótico) coa fonte das Nereidas; unha fachada románica e varias dependencias, antes de entrar na sancristía e na Igrexa. No interior do templo puideron admirar a beleza da igrexa, con importantes tallas de autores coñecidos, como Francisco de Moure.

Día da Ciencia en Galicia 2017 - Baltasar Merino Román

Baltasar Merino 1922.jpgO home ao que se dedica o Día da Ciencia en Galicia deste ano realizou unha inxente labor científica tanto na Botánica como na Meteoroloxía. Este home foi Baltasar Merino Román.
No portal da Ciencia en Galicia, din del que foi o xesuíta que namorou de Galicia a través das plantas.
 
Díptico Día da Ciencia en Galicia 2017


Neste vídeo da Fundación Barrié resúmese a importancia deste científico que sin ser galego, centrou o seu traballo de investigación en Galicia:
 

Hora de ler - Comezamos

Esta mañá, uns embaixadores ben particulares da biblioteca foron polas aulas de 1º de ESO para informar aos rapaces sobre a Hora de Ler, un programa de fomento á lectura pracenteira que busca mellorar o comportamento lector respondendo aos intereses de lectura propios dos lectores respondendo a unha lectura seleccionada por gusto e non por obrigación. Asi pois explicaron cales eran as normas e o calendario a seguir. Aproveitaron para repartir os carnés da biblioteca a estes novos socios. 
Grazas alumnos de 1º de Bach. por prestarvos ao xogo!
Aquí podes acceder ás fotografías deste campaña de promoción da Hora de Ler.

Semana Europea da Mobilidade: Charla sobre a emisión de CO2

María José Cao, monitora de GAIA, veu o xoves 21 de setembro á biblioteca do IES Perdouro, e falou da contaminación, fundamentalmente da que producen os vehículos, porque o uso de combustibles emite gases como o CO2. Afirmou que é moito mellor para o medio ambiente usar o transporte público ou ir andando ou en bicicleta. En todo caso, de usar un coche contaminaría menos un híbrido, por exemplo. Explicou as vantaxes e desvantaxes de trasladarse a pé ou en coche.  Animou a usar máis a bicicleta porque se aparca máis preto e é máis san e cando preguntou como se viña ao instituto, a resposta foi que a maioría do alumnado se desprazaba en coche.

No caso concreto de Burela, ...seguir lendo a crónica de Isaura, Cinta e Ádila no blogue de Perdourando.

Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña

Na tarde do xoves, 5 de outubro, as coordinadoras das bibliotecas que integramos a Microrrede PLAMBE A Mariña tivemos a primeira reunión deste novo curso nun ambiente distendido e con ilusións renovadas.

Puntos da orde do día:
  • Elección do tema a traballar: A Mariña en feminino
  • A partir das vacacións de Semana Santa será o tempo de elaborar os traballos en familia.
  • As exposicións nos diferentes centros, no mes de abril, coincidirán co Día do Libro.
  • E por último levaremos a cabo a exposición conxunta en Viveiro, na Sala de Usos Múltiples do Concello e na Sala da Biblioteca.
    •         A montaxe levarémola a cabo o venres, 4 de maio
    •         A inauguración farémola o luns, 7 de maio
    •         A clausura será o xoves, 10 de maio
  • Planificación das Actividades Dinamizadoras a realizar durante a exposición conxunta. Unha delas será a formación de coros intercentros por idades, dada a gran acollida que tivo o curso pasado.
  • Reparto de tarefas: solicitude de salas de exposicións, cartelería, dípticos, invitacións ...
Son moitos os temas a tratar e que en vindeiras reunións iremos ampliando e acordando.
 

Di K Non - sesión 1 : visita dos internos ao noso centro

Na primeira sesión do obradoiro Di K Non que tivo lugar o martes 03 de outubro, varios profesores da Unidade Teraupéutica do centro penitenciario de Teixeiro e os propios internos en base as súas experiencias e testemuñas como consecuencia da súa adicción ás drogas deron a coñecer a dura realidade do mundo das drogas e as súas consecuencias, en procura dun aprendizaxe que nos axude a aprender a identificar situacións e feitos que arrastran a multitude de adolescentes a crear toda unha serie de condutas de risco como o fracaso escolar, problemas coa xustiza, problemas coa saúde, comportamento violento, etc.

Aulas activas de seguridade viaria - Charla Stop Accidentes

O martes 19 de setembro os alumnos de 4º ESO asistimos a unha charla sobre concienciación viaria “Aulas activas de seguridade viaria”, impartida por membros da asocciación “Stop Accidentes” da Coruña, co obxectivo de fomentar a reflexión, o sentido autocrítico nos adolescentes e os cambios de conducta conscientes. A actividade enmárcase no contexto da Semana europea da mobilidade. Nela comentáronnos os perigos que hai nas estradas tanto para os condutores coma para os peóns, relacionados cos accidentes de tráfico e as consecuencias dos comportamentos de risco na estrada. .. seguir lendo a crónica e Zaira e Laura no blogue de Perdourando.
Distribuir contido


by Dr. Radut