HORA DE LER 2020- 2021
Semana
|
Sesión
|
Semana
|
Sesión
|
Semana
|
Sesión
|
1º trimestre
|
2º trimestre
|
3º trimestre
|
|||
19 – 23 outubro |
1 ª |
11 – 15 xaneiro |
5ª |
06 – 09 abril |
4 ª |
26 – 30 outubro |
2 ª |
18 – 22 xaneiro |
6 ª |
12– 16 abril |
5 ª |
02 – 06 novembro |
3 ª |
25 – 29 xaneiro |
1 ª |
19 – 23 abril |
6ª |
09 – 13 novembro |
4 ª |
01 – 05 febreiro |
2 ª |
26 – 30 abril |
1 ª |
16 – 20 novembro |
5 ª |
08 – 12 febreiro |
3 ª |
03 – 07 maio |
2 ª |
23 – 27 novembro |
6ª |
18 - 19 febreiro |
4 ª |
10 – 14 maio |
3 ª |
30 – 04 decembro |
1 ª |
22 – 26 febreiro |
5 ª |
18 – 21 maio |
4 ª |
09 – 11 decembro |
2 ª |
01 – 05 marzo |
6ª |
24 – 28 maio |
5ª |
14 – 18 decembro |
3 ª |
08 – 12 marzo |
1 ª |
31 – 04 xuño |
6ª |
21 – 22 decembro |
4 ª |
15 – 19 marzo |
2 ª |
08 – 11 xuño |
1 ª |
|
|
22 – 26 marzo |
3 ª |
14 – 18 xuño |
2 ª |
|
|
|
|
21 – 22 xuño |
3 ª |
![]() |
Calendario 2019-2020 |
![]() |
Normas Hora de Ler |
HORA DE LER - PROGRAMA DE LECTURA SILENCIOSA E SOSTIDA - ESO
A actividade busca mellorar o comportamento lector respondendo ós intereses de lectura propios dos lectores que debe responder a unha lectura seleccionada por gusto e non por obrigación. Costa, porque haberá algúns que busquen aproveitar a oportunidade para oporse, na esperanza de quedar libres a esa hora. Pero hai que entusiasmar e afacer.
· É un programa:
Non pode facerse ocasionalmente, senón que debe converterse nun exercicio habitual e permanente. Non hai controis, nin exercicios, nin ningunha avaliación asociada á actividade.
· Debe ser lectura silenciosa:
Unha lectura colectiva oral non fornece os mesmos efectos. A vantaxe do silencio radica en que mellora o comportamento lector en varias formas:
o Permite que se lea unha gran variedade de textos, de acordo ós intereses dos lectores.
o Significa un esforzo menor que permite concentrarse na comprensión.
o Elimina tensións ó non haber xuízo público das súas habilidades lectoras ou de comprensión (como ocorre na lectura oral pública).
o Permite que o lector respecte e adecúe a súa lectura ós seus propios ritmos.
o Afai ó estudante a utilizar a lectura como método de estudo.
o Elimina mediatizadores externos tales como pronuncia, altura e timbre de voz, preocupación polo auditorio, avaliación do docente, etc.
o Pon en práctica as técnicas de lectura ensinadas previamente.
o Mellora a ortografía de palabras usuais ó velas e lelas ben escritas en forma permanente.
· Deben participar os docentes (ou outros adultos do establecemento) lendo:
Isto baséase en que gran parte das condutas adquírense por imitación de modelos persoais. Un profesor que le algo que lle interesa, cunha boa postura e atención, é un exemplo potentísimo, superior a calquera advertencia ou suxestión. É importante que vexan lendo tamén ó persoal administrativo e directivo.
· Debe lerse sen interrupcións:
Adquirir unha información superficial a través da lectura, leva pouco tempo; pero asimilar a información e integrala con vivencias persoais require de tempos maiores que non admiten interrupcións.
· As lecturas deben ser autoseleccionadas:
a) Porque o proveito é maior cando responde a intereses persoais.
b) Porque dese modo convértese en algo grato e desexado.
c) Porque posibilita unha mellor adaptación entre texto e lector.
d) Porque se fai realidade o ámbito de liberdade que provoca a lectura.
· Os materiais deben ser coherentes e completos:
Non serve que o estudante se adique só a mirar diarios e revistas, porque as informacións dilúense ó ser substituídas por outras distintas. Os materiais deben ter información completa e coherente. A comprensión vincúlase a un desenvolvemento interior que esixe achegues significativos, enfocados dende distintos puntos de vista, pero nunca fragmentarios, senón completos.
· É un programa complementario e non sustitutivo de outras actividades de lectura. Deben entenderse como tarefas interdependentes, complementarias e nunca excluíntes entre si.
NORMAS HORA DE LER
1. A lectura desenvolverase durante os 15 minutos fixados no horario, de forma silenciosa, nun texto elixido libremente polos alumnos/as e profesores/as, sen pedir nada a cambio.
2. As lecturas serán elixidas libremente polos alumnos e alumnas entre os fondos da biblioteca.
3. Os libros pediranse en préstamo durante as horas de titoría e nos recreos.
4. Durante este tempo non se poderán facer deberes nin outra cousa distinta á actividade de lectura libre e silenciosa.
5. Se por calquera circunstancia fora imposible facer unha sesión do tempo de lectura, deberase cambiar por outro día dentro do horario da mesma área.
6. O alumnado gardará os libros que pide en préstamo e responsabilizarase deles e sempre terá que ter un dispoñible para o tempo diario de lectura.
7. Cando a lectura corresponda a unha materia con aula específica, os alumnos terán que encargarse de levar alí o seu libro e volvelo á aula de referencia.
8. Ó comezo de cada trimestre informarase ó profesorado do horario da Hora de Ler.
9. Esta está suxeita ás normas de disciplina do centro; polo tanto, calquera falta durante o seu desenvolvemento poderá ser sancionada.