Skip to Content

Curso 2015-2016

Curso 2015-2016

Presentación da revista escolar da Asociación Cultural “Os Matos” do IES Perdouro Maruxía nº 22

Para clausurar o curso, esta mañá tivo lugar na biblioteca do IES Perdouro a Festa das palabras e das letras, o acto anual de presentación da revista escolar "Maruxía" da Asociación Cultural "Os Matos".  Asistiron ao acto Santiago Pérez Docobo, director do centro educativo; Antón Niñe, Presidente da A.C. "Os Matos" e Miruca Parga, coordinadora do EDLG. 
 
Antón Niñe, presente da AC "Os Matos", abriu o acto con sentimento de ledicia explicando aos asistentes que "a presentación dun novo exemplar da nosa revista é o momento moi esperado pola satisfacción que nos produce e porque sabemos que nos mantemos fieis no obxetivo iniciado hai máis de dúas décadas, ser un medio de expresión da comunidade educativa do IES Perdouro." Un ano máis, os principais responsables da elaboración dos contidos da revista foron alumnos de ESO, de bacharelato e docentes do centro. Na lectura das súas páxinas poderemos darnos conta do latexar da vida do instituto cunha variedade de artigos e entrevistas que nos informa do acontecer do curso que agora termina. Pola súa banda, Miruca Parga explicou como traballou co seu alumnado de 1º de bacharelato de Tecnoloxía da Información e da Comunicación para a redacción e maquetación da revista que se publica anualmente no centro dende fai 22 anos. A publicación que recolle unha mostra das actividades e traballos realizados no centro durante o curso académico, está editada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e pola Asociación Cultural "Os Matos".
 
Ver reportaxe fotográfica no blogue de Perdourando.

Entrega de Premios Concursos OS MATOS

 
O pasado mércores 22 de xuño,  entregáronse na biblioteca do IES Perdouro os premios do X Concurso de relato curto e do VIII Concurso de imaxe convocados anualmente pola Asociación Cultural "Os Matos" cuxo lema foi “O meu avó, a miña avoa”. Antón Niñe, presidente da AC "Os Matos", foi a encargada de felicitar aos premiados desta décima edición do certame. Karina Parga, encargada da biblioteca, e Santiago Pérez, Director, entregaron os diplomas e uns agasallos. As obras gañadoras pódense ler no número da revista escolar “Maruxía” deste curso.

Parabéns rapaces!!!!!!

Acto de presentación Revista Maruxía nº22 + entrega de premios Os Matos

Concerto Son de Nós

O pasado venres 10 de Xuño contamos cá presencia na aula de música do grupo vocal “Son de Nós”, sexteto vocal a capella que iniciou a súa andadura no ano 2012, baixo a dirección do músico viveirense Plácido Travieso  (...)

A actividade estivo dirixida aos alumnos de 3º ESO, 4º PDC e 1º BAC (alumnos de Análise musical).... seguir lendo no blogue de Perdourando
 

Tarefa de limpeza da ribeira - Día dos océanos - 4º ESO e PDC

Para conmerorar o día mundial dos océanos, os rapaces de 4º de ESO e PDC coidaron da nosa ribeira. Un ano máis sumámonos a esta cita mundial da limpeza simultánea das praias. Acompañados por Mª José Cao, monitora de Gaia, e por Óscar García de Coge3, os alumnos limparon o tramo da ribeira dende o porto de Burela ata a igrexa de Coedo.
Recolléuse unha cantidade significativa de residuos do litoral: botellas de plástico e de vidro, residuos plásticos varios, restos de cordas, cobos e redes e algún pneumático.
Para rematar a mañá os rapaces ensaiaron o seu equilibrio e a súa axilidade subidos a un monopatín por iniciativa de Óscar. Pasárono moi ben ademais de contribiur ao coidado do noso medio natural.
 
Ver a reportaxe fotográfica no blogue de Perdourando.

Ruta da auga - 3º ESO

Alumnos de 3º de ESO do IES Perdouro acompañados dun técnico da empresa Espina e Delfin e da súa profesora de bioloxía visitaron este martes as instalacións da potabilizadora da Senra e a depuradora de Alfoz.

Logo da charla teórica impartida no centro educativo sobre o ciclo da auga, tocaba ver in situ os procesos esenciais de potabilización e depuración da auga. Juan Moreno, o inxeñeiro de augas,  empezou a ruta da auga polo embalse de Río Cobo onde se almacena a auga antes de ser tratada na potabilizadora da Senra. (Estación de Tratamento de Auga Potable - ETAP), estación moi moderna inaugurada en 2011.


Faloulles da potabilización, seguir lendo no blogue de Perdourando.

Concerto de Israel Arranz

O pasado venres 3 de Xuño visitou o instituto o músico burelés e antigo alumno Israel Arranz para impartir aos alumnos de música unha clase maxistral.

Acaba de saír ao mercado o segundo disco do grupo de jazz latino Marosa Jazz Project, que el lidera.  O disco leva por título “Lémbrame” e está integrado por sete temas de composición orixinal, dos cales seis están firmados por Israel.

 Explicou detalladamente o proceso de grabación e produción dun disco e o funcionamento da industria discográfica, falounos da súa traxectoria persoal e..... seguir lendo no blogue de Perdourando.

Boas Festas Burela 2016

 

Visita dos alumnos de 6º do Virxe do Carme

Hoxe recibimos a visita dos alumnos e alumnas de 6º de primaria do CEIP Virxe do Carme. Foron acollidos polo director, Santiago Pérez, pola xefa de estudos, Mª José Andión e pola orientadora, María Permuy. Visitaron as instalacións do centro e pasaron o recreo cos seus futuros compañeiros.
 
 

Fallo Premios literario e de imaxe Os Matos 2016

O xurado resolveu outorgarlles os premios aos traballos presentados polos seguintes alumnos:

X CONCURSO LITERARIO – Tema: “O meu avó, a miña avoa”


Relato curto: 

Categoría 1º e 2º de E.S.O.

  • Primeiro Premio: “O meu segundo pai” – Carolina Basanta Val (2º E.S.O. A)
  • Segundo Premio: “Os meus avós” – Alex Gómez Sixto (2º E.S.O. A)

Categoría 3º e 4º de E.S.O. 

  • Primeiro Premio: “Os avós” – Iria Fernández Rubal (4º E.S.O. B)
  • Segundo Premio: “Dúas almas nun só corazón” – Marta García García (4º E.S.O. A)

Categoría Bacharelato e Formación Profesional 

  • Primeiro Premio: “Avoa” – Andrea Ramos Piñeiroa (1º Bach.)
  • Segundo Premio: “Carta á miña avoa” – Tamara Rico Berdeal (1º Bach.)

Poesía

Categoría de E.S.O. 

  • Primeiro Premio: “A avoa, outra nai” – Cristina Vidal Fernández (2º E.S.O. B)
  • Segundo Premio: “Agradézocho a tí” – Carmen Pernas Pernas (2º E.S.O. B)

Categoría Bacharelato e Formación Profesional 

  • Primeiro Premio: “Só ti, só nós” – Macarena LEdo Vázquez (2º Bach.)

VIII CONCURSO DE IMAXE – Tema: “O meu avó, a miña avoa

Categoría 1º e 2º de E.S.O.

  • Primeiro Premio: Yaniss dos Santos Méndez (1º E.S.O. A)
  • Segundo Premio: Antía Gómez Couto (1º E.S.O. B)

Categoría 3º e 3º de E.S.O.

  • Primeiro Premio: Everaldo Magno Martíns Cruvinel (3º E.S.O A)
  • Segundo Premio: María Areán Maseda  (4º E.S.O. A)

Charla sobre a auga - Día mundial do medioambiente

Coincidindo coas próximas celebracións do Día mundial do medioambiente, o alumnado de 3º ESO recibiu esta mañá a visita do especialista e técnico de Espina y Delfín, Juan Moreno, para falarlles da auga. 
 
A profesora Charo Fernández, como medio de chamar a atención sobre a importancia da agua e da xestión sostible dos recursos da auga, organizou esta charla para sensibilizar aos seus alumnos de 3º de ESO sobre un uso sostible deste ben tan preciado e imprescindible para a vida. Juan Moreno explicoulles con datos contundentes o consumo moitas veces excesivo, os tratamentos para potabilizar ou para depurar, os impactos dunha simple fuga de auga co obxetivo de promover en eles unha boa práctica da súa utilización no día a día. O aproveitamento da auga empeza pola participación de todos nós.

Xeometría na arte por Pilar García Agra

Este luns 30 de maio,a profesora de matemáticas do IES nº 1 de Ordes e membro da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática "AGAPEMA", Pilar García Agra, impartíu unha conferencia sobre Matemática, xeometría e arte ao alumnado de 3º de ESO. Nela, a matemática analizou aspectos diferentes da Arte. Faloulles do número de Ouro e as súas aplicacións en diferentes aspectos artísticos, a pintura, escultura e arquitectura dende a antigüidade ata hoxe. Explicoulles a sucesión de Fibonacci e como están presentes os elementos xeométricos en tódolos ámbitos do mundo da Arte. 
... seguir lendo no blogue de Perdourando.

Xeometría na arte por Pilar García Agra

Este luns 30 de maio, a profesora de matemáticas do IES nº 1 de Ordes e membro da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática "AGAPEMA", Pilar García Agra, impartíu unha conferencia sobre Matemática, xeometría e arte ao alumnado de 3º de ESO. Nela, a matemática analizou aspectos diferentes da Arte. Faloulles do número de Ouro e as súas aplicacións en diferentes aspectos artísticos, a pintura, escultura e arquitectura dende a antigüidade ata hoxe. Explicoulles a sucesión de Fibonacci e ..... seguir lendo no blogue de perdourando.
 

Viaxe a Londres 2016

Do 11 ao 16 de maio, 48 alumnos de 4º de ESO e 1º de bacharelato realizaron unha viaxe de interese lingüístico-cultural a Londres co obxectivo de poñer en práctica as súas destrezas orais na lingua inglesa.
Os estudantes tiveron a oportunidade de coñecer os lugares máis emblemáticos da capital: ...  seguir lendo no blogue de Perdourando

Proxecto Terra 2016

A través do Proxecto Terra, que nos permite ao alumnado coñecer mellor o territorio de Galicia e o norte de Portugal, este grupo de alumnos e alumnas de 3º ESO aos que se sumaron algúns compañeiros e compañeiras de 4º e 2º BAC, participamos este ano nunha viaxe á cidade e ría de Ferrol que se completou cunha estancia no albergue Alvarella e unha visita ás Fragas do Eume...Seguir lendo no blogue de Perdourando.
Distribuir contido


by Dr. Radut