Skip to Content

Curso 2016-2017

Acto recoñecemento Premio ESO ao esforzo e á superación persoal Álex Landim

Video do acto que tivo lugar na biblioteca do IES Perdouro o martes 24 de xaneiro no recreo.

"Cousas" de Castelao por Os Quinquilláns

En colaboración coa Editorial Galaxia, a compañía teatral Os Quinquilláns estivo en Burela cunha proposta teatral e literaria destinada ao alumnado de 4º ESO e Bacharelato dos dous institutos de Burela, "Cousas" de Castelao.
O luns 23 de xaneiro, os equipos de normalización e dinamización lingüística dos institutos, quixeron achegar ao seu alumnado a obra dun creador clave na cultura galega promovendo a lingua e creando público para o teatro.

Acto dedicado a Álex Landim

A biblioteca do IES Perdouro acollerá ás 11:05 da mañá do martes, día 24 de xaneiro, un acto académico dedicado ao ex-alumno Álex Landim Correia, gañador dun dos premios á dedicación e esforzo convocados pola Consellería de Educación. Ademais do mozo premiado, no acto -coordinado por Virginia Lama, profesora de Inclusión Educativa- participarán a Xefa de Estudos (María José Andión), a Vicedirectora (Karina Parga), a coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística (Miruca Parga), Antonina Semedo e unha representación de alumnos e alumnas que alcanzaron o título de ESO durante o curso 2015-2016. Con atención específica para o alumnado de recente incorporación ao sistema educativo galego desde setembro de 2014, o IES Perdouro conta desde o presente curso académico cunha profesora especialista en Inclusión Educativa.

Concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia no Auditorio de Galicia

O alumnado de 2º e 4º ESO asi como para o estudantado inmigrante recen chegado viaxou ata Santiago para asistir ao primeiro concerto didáctico do ano da Real Filharmonía de Galicia.  (18/01/17) Baixo a dirección de Piero Lombardi, tocaronse pezas de Bartók, Boccherini, Strauss, Chaikovski, Brahms e Groba. ... Seguir lendo no blogue de Perdourando.

Visita ao Muncyt A Coruña

O pasado martes 10 de xaneiro os departamentos de Física e Química e de Tecnoloxía programaron conxuntamente unha viaxe á Coruña para os alumnos de 2º de ESO e o grupo de estudantado inmigrante recen chegado. Visitaron o Muncyt (Museo Nacional da Ciencia e Tecnoloxía) e fixeron un obradoiro de "electricidade e electrónica" onde ... seguir lendo no blogue de Perdourando.

Unha parada no Camiño de Santiago: Vilar de Donas

O xoves 15 de decembro o alumnado de 3º e 4º ESO foi de viaxe de estudos a Vilar de Donas, onde se encontra a igrexa de San Salvador, próxima ao Camiño francés a Santiago.

Alí, o grupo foi recibido por Jesús, un veciño desta parroquia do concello de Palas de Rei. El explicou algunhas características importantes da igrexa románica que pertenceu a un antigo mosteiro do século XII e que está considerada monumento histórico-artístico. A arte románica entrou a través do Camiño de Santiago xa que ... seguir lendo en ni blogue de  Perdourando.

Charla de prevención sobre alcol e outras drogas

O martes 17 de xaneiro, o alumnado de 4º ESO e 1º de Formación Profesional Básica recibiu na biblioteca do centro unha charla preventiva sobre Alcol e outras drogas impartida por Ramón Peña, formador da Garda Civil de Lugo. Esta actividade forma parte do Plan Director para a convivencia e a cellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, e ten como obxectivo informar aos rapaces sobre as diferentes drogas legais e ilegais, os seus efectos e consecuencias na saúde e penal. ...seguir lendo no blogue de Perdourando

Charla sobre acoso escolar - 2º ESO

O martes 17 de xaneiro, o alumnado de 2º de ESO asistiu na biblioteca do centro a unha charla preventiva sobre Acoso escolar impartida polo Ramón Peña, formador da Garda Civil de Lugo. Esta actividade forma parte do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, e ten como obxectivo explicar aos rapaces a importancia de contar sempre os casos de acoso, de non calar e de axudar sempre a víctima. .... seguir lendo no Blogue de Perdourando
 
 

Premio ao esforzo e superación persoal : Alex Landim

L’image contient peut-être : 1 personne

 

L’image contient peut-être : 1 personne, sourit

Felices Festas!!

 

Obradoiro de Televés para aos alumnos do CM de Instalacións en Telecomunicacións

O mércores 9 de novembro, os alumnos do CM de Instalacións de Telecomunicacións recibiron a visita da empresa Televés. No seu camión, preparado coas últimas tecnoloxías, recibiron explicacións sobre a normativa da ICT2 (Normativa das Infraestructuras Comúns de Telecomunicacións) e os cambios que supuxo. Tamén fixeron diferentes prácticas con fusionadoras de fibra óptica e outros equipos.

Día da Sida - mesa informativa no Perdouro

Co propósito de conmemorar o día da Sida, cabe concienciar ao noso alumnado da importancia que ten a prevención. Todo canto fagamos para conter a propagación do VIH será importante e por este motivo, instalamos unha mesa informativa no patio do instituto co material enviado pola Unidade de drogodependencia de Burela asi como da Xunta de Galicia. Tamén estiveron axudándonos dous voluntarios de Cruz Vermella repartindo preservativos e folletos informativos entre o alumnado de bacharelato e Ciclos Formativos.

25 N - Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero.

Álvaro Fernández Yáñez, alumno de 1º de Bach., deu lectura a un texto narrativo da súa propia colleita para clausurar un acto institucional conxunto, organizado pola Mancomunidade de Municipios da Mariña, para conmemorar o Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero. 
O IES Perdouro foi escollido para simbolizar a importancia que teñen os centros educativos no fomento, consolidación e asimilación de principios, valores, comportamentos, crenzas e actitudes por parte da mocidade, que permitan desenvolver un futuro máis xusto e igualitario.
 
 “nin unha máis no esquecemento, nin unha menos sen esperanza”.

Celebramos o día da ciencia en galego

O luns 21 de novembro visitou a nosa biblioteca Roberto Manín Gutiérrez, profesor de Matemáticas no IES Galileo Galilei de Navia, con motivo da celebración do mes da Ciencia en galego. O docente aportou coñecementos sobre as Matemáticas a todo o alumnado de 1º ESO. 
 
Comezou por explicar cal é o significado da palabra número e por presentar a historia dos números .... seguir lendo no blogue de Perdourando.

“Maquetas celulares”, traballos de 3º de ESO

Na vitrina da entrada do instituto están expostas as fantásticas maquetas celulares realizadas polo alumnado de 3º de ESO, resultado dun traballo expositivo na aula dirixido pola súa profesora de bioloxía, Paula Hermida.
Nas maquetas están representadas células eucariotas animais e vexetais, procariotas .... algunha célula moi especial como a neurona e incluso temos un cerebro!!
O material utilizado para realizalas foi moi diverso: dende fíos e botellas amablemente cedidas por algunha avoa, ata  area, plastilina, un bolo de pan...
Serías capaz de diferenciar todos os tipos celulares?? Anímate e inténtao!
 
Distribuir contido


by Dr. Radut