Skip to Content

4º ESO

CONCURSO DE VIDEOPOEMAS

Non podemos estar máis orgullosas do noso alumnado! Parabéns a Clara Marra por estar na final do concurso. O próximo sábado vai ser un día ben especial para ti...
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSIO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

EX-PARLAMENTARIOS NO IES OTERO PEDRAYO

Co obxectivo de espallar os valores da democracia entre a xente moza (neste caso, o alumnado de 4º ESO), onte visitaron o noso centro Roberto Castro García, Pablo Xabier López Vidal e Xosé Francisco Ferreiro Abelleira, ex-parlamentarios de diferentes cores políticas. O acto comezou cunha pequena exposición de cada un relativa ao parlamento para, a continuación, darlle paso ao alumnado para que fixera as preguntas que estimara convenientes. E moitas houbo!
Esta actividade complementa a visita ao Parlamento e Xunta de Galicia dos nosos rapaces e rapazas xa fixeran en 1º ESO.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

A RECICLAXE PARA A CONSERVACIÓN DO PLANETA

O alumnado de 4ºA está a traballar, como Proxecto competencial, na importancia da reciclaxe para a conservación do planeta. Pequenas accións poden traer grandes beneficios. Neste marco, visitaron a marabillosa Expo De Polo a Polo, no Xardín do Posío, actividade de proximidade que nos abriu unha fiestra a un mundo natural agochado do ser humano. Preguntas, debate, crítica... Fóra das aulas tamén se aprende! E moito!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

EDUCANDO EN XUSTIZA

Hoxe a prensa faise eco da participación do Otero Pedrayo no programa Educando en Xustiza. En tres sesión distintas, todo o alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de presenciar varios xuizos en directo, nunha das salas do Xulgado do Penal de Ourense.
A maxistrada, Susana Pazos, antes de comezar a sesión, dáballe detalles ao alumnado sobre o xuízo que ían ver, explicándolle a función de cada un dos axentes que intervirían nel e abrindo rolda de preguntas para que os nosos rapaces e rapazas non quedaran con ningunha dúbida.
Ao final, aínda tiveron oportunidade de visitar os calabozos e a sala de recoñecemento no soto do edificio, que os deixou realmente impactados.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

OLIMPÍADA DEPORTIVA

 

Non hai un final de curso que se preste sen actividade deportiva. E os resultados da olimpíada de onte estiveron moi, moi axustados, cun empate na final entre 3º ESO C e 4º ESO A.
A rapazada puxo todo da súa parte nas competicións de volei, floorball, baloncesto e brilé. Pasárono xenial.
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

LONDRES

O destino escollido para a viaxe de fin de curso de 4º ESO é xa un clásico: Londres. Á rapazada encántalle visitar a cidade inglesa!
Percorreron os lugares máis emblemáticos (o Big Ben, a Ponte e Torre de Londres, Candem, Covent Garden, St. Paul´s, parques, museos... )
Foi unha viaxe moi completa, divertida e con mil aventuras. Unha experiencia máis de vida!
 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

O pasado día 18 de Maio, co gallo da celebración do Día dos Museos, alumnado de 4º ESO puido asistir a un obradoiro didáctico titulado "Parques con historia e vida", mediante o cal coñeceu en profundidade a historia do noso querido Xardín do Posío.
Grazas ao Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense por ofrecernos unha actividade tan interesante e grazas á sempre marabillosa guía Begoña Garrido Labrador polo seu bo facer.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ALCOL E DROGAS NA MOBILIDADE SEGURA

A semana pasada, o alumnado de 4º ESO puido experimentar a sensación de moverse baixo os efecto do alcol e as drogas a través de gafas de simulación; comprobaron a taxa de alcol con etilómetros, pasar diferentes probas de detección de drogas... todo isto nun obradoiro que logo se viu complementado cunha charla titulada "Mocidade, alcol e drogas".
O noso agradecemento ao Concello de Ourense e á propia Xefatura de Tráfico da cidade polo desenvolvemento desta actividade. Grazas David Llorente, Xefe Provincial de Tráfico de Ourense; Javier Barja, tenente do subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, e Sinda Aguiar, coordinadora de Educación Vial da Xefatura de Tráfico de Ourense.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

URBANISMO CON PERSPECTIVA DE XÉNERO

Enmarcado no Plan Proxecta Terra, ten como obxectivo formar os escolares sobre o medio que habita para acadar mellores condicións de vida.
Begoña Garrido, de Coop. Xeitura, a quen agradecemos a boa disposición e bo facer, presentou co noso alumnado as conclusións e propostas de cadanseu grupo de 4º ESO para mellorar a nosa cidade.
A última fase do obradoiro consiste en recollermos as propostas nun texto administrativo e facérllelas chegar aos responsables de urbanismo da cidade.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

VIAXE A MADRID

Ás 6.30h do martes da semana pasada, o noso alumnado de 4º ESO collía o AVE con destino a Madrid. Foron catro días intensísimos nos que puideron visitar, desde exposicións de índole totalmente distinta (Caixafórum, Museo Reina Sofía, Museo Arqueolóxico), ata o Museo do Romanticismo, o Bernabeu ou o musical Grease. Camiñaron Madrid dunha punta a outra, coñecérono ben e vivírono. Foi unha experiencia ben, ben enriquecedora. É que xa o din os nosos maiores: "Para saber, andar, ver ou ler". Neste caso tocounos andar e ver.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE
Distribuir contido


by Dr. Radut