Skip to Content

Inglés

SEMANA DA PAZ: "O PRESENTE DE AFGANISTÁN"

 

"O PRESENTE DE AFGANISTÁN", é o título da charla que o xornalista afgano MOHAMMED ALI PAKDEL impartiu no Paraninfo ao noso alumnado de 1º BAC. Integramente en inglés, o xornalista contou a súa propia experiencia e fixo especial fincapé na situación das persoas que se viron obrigadas a quedar no país trala chegada dos talibáns. "O mundo xa esqueceu a Afganistan, agora que a situación é peor", afirma Mohammed Ali.
No Otero, non o esquecemos.
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

BECAS FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA

Estamos de noraboa! A nosa alumna Claudia González Cid cursará 1° BAC en Canada ou EEUU grazas á beca Amancio Ortega que vén de conseguir. Parabéns, Claudia, e a prepararse para esta apaixonante aventura que peta na túa porta.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 22/23

SESIÓN REXIONAL DO PARLAMENTO EUROPEO

IES Otero Pedrayo estivo presente na sesión rexional que o European Youth Parliament (Parlamento Europeo da Mocidade) desenvolveu en Ourense a pasada fin de semana. Foron tres días nos que as nosas alumnas formaron parte das delegacións escolares que debateron sobre multitude de temas: Constututional affairs, Agriculture and rural development, Culture and education, Employment and social affairs, Women´s rights and gender equality etc. Todos os debates foron en inglés e cun nivel moi alto. Os nosos parbéns a Celia Paz, Olalla Magide, Patricia Popescu e Eva Espinosa polas súas magníficas intervencións. Orgullo de alumnado

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

Distribuir contido


by Dr. Radut