Skip to Content

Educación Física

DIA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

 
O pasado mércores, 27 de abril, o IES Otero Pedrayo sumábase, un ano máis, á conmemoración do Día da Educación Física na rúa. Desta volta, fíxoo cunha actividade de Orientación desenvolvida no Posío, na que participou alumnado de todos os grupos e niveis. Foi unha traballo ben, ben bonito organizado milimetricamente polo Departamento de Educación Física.
#DEFC2022#DEFR2022
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

PRIMEIRO POSTO para 1ºESO E 2º POSTO para 2ºESO nos PRIMEIRO XOGOS INTERCENTROS BÁDMINTON OURENSE

 
O IES Otero Pedrayo participaba onte nos primeiros xogos intercentros de bádminton organizados pola Fundación Expourense. Participaron 300 escolares de 1º e 2º da ESO de centros de Ourense, Ribadavia, Viana do Bolo, Xinzo, Bande, Padrenda, Celanova e Verín.
Os resultados para o Otero Pedrayo foron excelentes: 1º posto para 1º ESO e 2º posto para 2º ESO.
Parabéns ao alumnado e parabéns a todo o Departamento de Educación Física por esta xornada de convivencia e deporte.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

SEMANA BRANCA do IES OTERO PEDRAYO (1° BAC)

 
Deporte, convivencia, novas experiencias... O alumnado de 1° BAC puido aprender e practicar un dos deportes de inverno por excelencia: o esquí. Tiveron todos os días curso con monitor, práctica libre e un estupendo hotel para repor forzas! Grazas ao Departamento de Educación Física por ofrecerlle ao noso alumnado estas oportunidades. Grazas Pablo. Grazas Anxo
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ENTROIDO

 
A cor, o brillo, o baile, a música, a alegría... inundaron onte o IES Otero Pedrayo. Había ganas de festa e o entroido nunca defrauda!
Desde primeira hora e ata o lecer, os 6 grupos de 1º BAC pelexaron polo primeiro posto nas batallas de coreografías, cun nivel que nos deixou a todos e a todas coa boca aberta.
Despois do lecer, comezou o gran concurso-desfile da ESO, no que participaron TODOS os grupos con dramatizacións, bailes etc. É de destacar o valor que ten que cada clase acorde o seu disfraz, a música, a coreo...; é fundamental saber negociar, saber ceder, chegar a consensos... e o noso alumnado é especialista niso.
Ademais, este ano como novidade e prato forte, gozamos cunha macro coreografía da ESO na que participaron máis de 150 alumnos e alumnas. Foi ES PEC TA CU LAR.
Mil parabéns, Pablo Fernández Valencia, Anxo Cid Corbillón, do departamento de Educación Física, polo impresionante traballo realizado co noso alumnado, pola perfecta organización e sobre todo, polo voso entusiasmo.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PARQUE DE AVENTURA

 

O alumnado de 1° ESO do IES Otero Pedrayo despedía hoxe o trimestre por todo o alto!, nunca mellor dito. Foi unha actividade ben, ben divertida.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ALIMENTACIÓN SAUDABLE "Fai click ao teu bocata".

Charla con bocata saudable para o alumnado de 1° ESO. Porque a alimentación é fundamental!

Plan de Innovación Educativa Xermolón
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

MAGOSTO no IES OTERO PEDRAYO

Os xogos populares, os premios, a música tradicional e, por suposto, as castañas non faltaron no magosto do Otero Pedrayo! Viva o San Martiño! 

 

 IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

 

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 22/23

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

 

No DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA, o alumnado do IES OTERO PEDRAYO saíu ao Xardín do Posío para visibilizar e pór en valor a importancia do deporte nunha vida saudable.
Sumámonos á celebración con coreografias, voleibol, xogos populares, deportes alternativos..., acompañados dunha merenda sa a base de froita.
Grazas ao Departamento de Educación Física polo voso esforzo e a organización impecable da actividade.


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

JAVIER GÓMEZ NOYA

Javier Gómez Noya, un dos mellores triatletas da historia, cinco veces campión do mundo, estivo hoxe coa rapazada do Otero Pedrayo! Hábitos saudables e deporte foron os temas principais arredor dos que xirou esta charla en liña na que o noso alumnado, xunto co doutros seis centros espallados pola península, tivo a oportunidade de preguntarlle todas aquelas curiosidades arredor da súa vida deportiva e os seus hábitos. A masterclass foi interesantísima e a participación dos rapaces e rapazas moi alta. Todo un luxo!
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut