Skip to Content

OLIMPÍADA DE QUÍMICA. FASE GALEGA.

Dos 139 alumnos e alumnas da demarcación da Universidade de Vigo que se presentaron o pasado día 18 á XXXIX Olimpíada de Química, cinco ourensáns quedaron nos seis primeiros postos e, deses cinco, tres son do IES OTERO PEDRAYO.
Parabéns a IRIA AÑEL DÍAZ por ese 6º posto, MARCOS FERNÁNDEZ BARANDELA por acadar a quinta posición e parabéns tamén a LEILA DURÁN TRAVESO, que conseguiu un segundo posto que a leva directa á FASE NACIONAL da OLIMPÍADA.
Por último, e non menos importante, grazas ao departamento de Química polo excelente traballo realizado. Grazas Miguel López.
Orgullo de alumnado! Orgullo de profesorado!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.


story | by Dr. Radut