Skip to Content

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Un ano máis, no Otero Pedrayo conmemoramos o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.  Fixémolo coa lectura dunha Declaración, coa elaboración de murais e presentacións sobre mulleres científicas pero, sobre todo, fixémolo e facémolo todos os días co fomento de vocacións científicas a través de prácticas no laboratorio,  presentación de mulleres referentes no mundo das ciencias (Sonia Villapol, desde Houston, foi a última que coñeceu o noso alumnado), participación en todas as olimpíadas de carácter científico...

Contamos,  ademais, cun bacharelato STEM ( ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) nas que as rapazas son maioría. 

Acadar unha xusta e necesaria igualdade de xénero e empoderamento das mulleres neste campo é o noso obxectivo. 

Grazas ás profes científicas do Otero Pedrayo polo magnífico labor que desenvolven.

 

IES OTERO PEDRAYO.  ENSINO PÚBLICO.  ENSINO DE CALIDADE.



story | by Dr. Radut