Skip to Content

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: "AS CORES DO OUTONO"

Na presente mostra recóllese unha escolma de fotografías levadas a cabo polo alumnado do IES “Río Cabe” de Monforte de Lemos co gallo da celebración das dúas últimas edicións do concurso convocado en dito centro baixo o título “As cores do outono”.

 

O PORQUÉ DESTA MOSTRA

O equipo de Dinamización da Língua Galega ten convocado un concurso fotográfico con pé de foto en galego aberto á participación de todo o alumnado do noso centro.

O obxectivo desta mostra, organizada polo Equipo de Dinamización da Língua Galega en colaboración co Departamento de Artes Plásticas, sería animar ao noso alumnado a participar neste tipo de iniciativas amosando  o resultado obtido noutros centros educativos en concursos similares.

Como podedes ver, as primeiras fotografías expostas, teñen un pe de foto escrito en galego. A nosa intención é amosar un exemplo claro do que se pide no concurso.

Esperamos que esta exposición sirva para animar ao noso alumnado e que nos fagan chegar os seus traballos fotográficos e que pronto poidamos levar a cabo unha mostra para deleitar a toda a comunidade educativa do IES Otero Pedrayo.

  

  



story | by Dr. Radut