Actividades Dinamización

Galego porque me peta

Traballos realizados polo alumnado de 1º e 4º de ESO, o departamento de plástica e o de dinamización lingüística 

 

GALEGO PORQUE ME PETA


Excursión de 1º ESO a Santiago

Día escolar da Paz e a Non Violencia

23 de Abril, Día do Libro

Por abril o noso ies un a toda lectura en libros activos e activados

Día 23 de abril, primavera a camiño, nacemento e vida, lectura activa.Día de Libros.Velaí unha proposta de afectos, ler, para así saber un pouco máis quen somos, poisa o ler…lémonos, e así a través dos libros atopámonos con moita cousa para irnos construíndo, aínda que mesmamente un libro non nos guste, na nosa BIBLIOTECA, na casa e nas Librerías, hai moitos máis onde conectar para así sentirnos vivos e verdadeiros suxeitos da nosa madureza como persoas. Velaí un mundo de mundos no soporte, non único, dos Libros e estes arriquecidos no enerxético da Cultura nosa e así logo na comunicación da nosa Lingua ( e tamén nas outras, pois son flor de pobos e iso debemos respéctalo sempre).

O ies nº1 así neste 23 de abril e de primavera, a augas mil, vai a toda lectura para seguir polo ano adiante, e sempre, en hábito lector da man dos libros para estar no mundo, neste mundo, que soñamos sostible e mellor.

Celebración do Día da PAZ, 2012

RULA E VINCULA. Arquivo fotográfico


rula e vincula

PINCHA AQUÍ PARA VER A IMAXE AMPLIADA

 

Dende o IES Nº 1 queremos facer un banco de imaxes coa maior cantidade posible de fotografías dixitais do entorno rural da Estrada. Para este proxecto a colaboración da Comunidade Escolar é fundamental.

As fotografías pódense pasar mediante calquera soporte informático (pen, tarxeta de memoria, cd, dvd, etc.) preferiblemente aos profesores David ou Jano, tamén se habilitará temporalmente un ordenador en conserxería a tal efecto. O material será devolto aos propietarios unha vez copiado.

Os arquivos ou carpetas deberán indicar o lugar onde foron feitas as fotografías.

Se a cámara ou móbil teñen localizador GPS preferimos que o activedes, para poder colgar as fotos no Google Maps e situalas no lugar exacto onde se tomou.

09-10 Día da Paz

29 de xaneiro de 2010. Día Internacional da Paz.

Pica aquí para ver a presentación

DIA DA PAZ, 2010 fotografías

O 29 de Xaneiro celebramos no Centro o DÍA DA PAZ

Exposición Mary Oliveira

Correlingua 08-09

No mes de maio celebrouse en A Estrada o Correlingua 2009

Distribuir contido