RULA E VINCULA. Arquivo fotográfico


rula e vincula

PINCHA AQUÍ PARA VER A IMAXE AMPLIADA

 

Dende o IES Nº 1 queremos facer un banco de imaxes coa maior cantidade posible de fotografías dixitais do entorno rural da Estrada. Para este proxecto a colaboración da Comunidade Escolar é fundamental.

As fotografías pódense pasar mediante calquera soporte informático (pen, tarxeta de memoria, cd, dvd, etc.) preferiblemente aos profesores David ou Jano, tamén se habilitará temporalmente un ordenador en conserxería a tal efecto. O material será devolto aos propietarios unha vez copiado.

Os arquivos ou carpetas deberán indicar o lugar onde foron feitas as fotografías.

Se a cámara ou móbil teñen localizador GPS preferimos que o activedes, para poder colgar as fotos no Google Maps e situalas no lugar exacto onde se tomou.

Se nas fotografías aparecen persoas (da igual que sexan maiores ou menores de idade) debemos ter o consentimento escrito destas ou dos seus representantes, en caso de menores, para poder usar a súa imaxe.

Tede moi en conta, tanto no tema do GPS como da Imaxe, que o fin último deste arquivo fotográfico é o seu uso público é dalo a coñecer e difundilo o máximo posible.

Grazas pola vosa segura colaboración.

AdxuntoTamaño
rula e vincula.pdf686.15 KB