Taboleiro |
Recementemente publicouse a ORDE do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23. O obxectivo é premiar aos alumnos e alumnas de mellor expediente académico nos estudos de Educación Secundaria Obrigatoria. Destinatarios: alumnado que estea proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en ESO e obtivese no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. |
|||
O alumnado do IES Nº1 participou na II Mostra de Orientación, que se celebrou o 28 e 29 de marzo no recinto feiral do Concello da Estrada. Mediante charlas informativas e visitas aos stands, agardamos espertar vocacións, intereses e inquietudes e contribuír, dalgún xeito, á toma de decisións educativas e profesionais dos nosos alumnos e alumnas. |
|||
O IES Nº 1 da Estrada deséxalles unhas Boas Festas e un Feliz Ano Novo. Ademais, queremos agradecer o labor da alumna Uxía Seoane, que aínda quita tempo para agasallarnos con este vídeo de felicitación, cheo de esperanza e de bos desexos para estes tempos de incertezas. Moitas grazas e parabéns, Uxía. Voltamos o 10 de xaneiro! |
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
Esta aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no Campamento Urbano 2012 organizados polo Concello. O campamento, dirixido a rapaces e rapazas de 3 a 13 anos, ten como obxectivo facilitar un espazo para compatibilizar a vida familiar e laboral a homes e mulleres con cargas familiares, durante o período de verán e desenvolverase do 2 de xullo ao 7 de setembro de 2012, de luns a venres, en horario de 8:00 a 14:00. Aquelas familias que o precisen por razón laborais, poderán levar os rapaces as 7:30 e recollelos as 14:30, avisando previamente os monitores. Tamén se poderá dispensar o servizo de almorzo a primeira hora da maña a aqueles rapaces que o precisen. No Campamento Urbano 2012, ademais de facilitar un servizo de atención e custodia dos menores, desenvólvense distintas actividades con temáticas diversas en cada unha das quincenas: O mundo mariño, o mundo medieval ( con visita o Museo etnográfico de Melide), etc. As actividades impartiranse por grupos de idade. |
|||
|
|||
ENTRE OS DÍAS 7 E 11 DE MAIO REALIZARANSE AS PROBAS EXTRAORDINARIAS PARA O ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES. SERÁN DENTRO DO HORARIO LECTIVO. O ALUMNADO QUE TEÑA QUE FACER AS PROBAS SAIRÁ DA CLASE “NORMAL” PARA FACER OS EXAMES.
|
|||
A comunicación entre profesores-alumnos-pais no noso Centro ten un novo medio para o intercambio de contidos e información: a rede social educativa EDMODO Edmodo é unha aplicación cuxo obxectivo principal é permitir a comunicación entre profesores e alumnos. Trátase dun servizo de redes sociais baseado no microblogging creado para o seu uso específico en educación que proporciona ao docente dun espazo virtual privado no que se poden compartir mensaxes, arquivos e enlaces, un calendario de aula, así como propor tarefas e actividades e xestionalas. |
|||
O xoves 12 de abril ás 20:00 h, no Museo do Moble a da madeira (mom, Avda. Benito Vigo da Estrada), realizarase un relatorio baixo o título "Alcol e Adolescencia" impartido por Manuel Isorna Folgar (Doutor en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela). "Máis da metade dos adolescentes que consumen alcol desenvolverán depencia" |
|||
|
|||
|
|||
Os días 7, 8, 9 de febreiro realizaranse as probas de recuperación de materias pendentes.
Están convocadas, con caracter voluntario, como unha medida de axuda ao alumnado polo que serán realizadas fóra do horario lectivo o alumnado NON DISPORÁ DE TRANSPORTE ESCOLAR |
|||
|
|||
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 3.077 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no ano 2010. Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen nesta táboa e que non fora beneficiario desta axuda no verán de 2008 ou no verán de 2009 Acceso á Orde de convocatoria.
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 12 de marzo |
|||
Documentación do Centro, actualizada e necesaria para distintas actividades ao longo do curso |
|||