Probas de acceso a ciclos de Grao Medio. Curso 2011-12


  • REQUISITOS: Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba (é dicir, ata decembro de 2012).

  • DATAS  DE INSCRICIÓN: Do 27 de febreiro ao 9 de marzo, inclusive. Nas secretarías dos centros que impartan ciclos formativos (IES Antón Losada). 

  • DATA CELEBRACIÓN DA PROBA: 25 maio.  

  • INFORMACIÓN DE INTERESE: O alumnado ten a disposición na conserxería do centro (para poder facer fotocopias) modelos de exames doutros anos e de contidos esixidos nas diferentes partes da proba. Os interesados/as poden pasar pola secretaría do centro a cubrir a solicitude de inscrición. O alumnado do PCPI terá de prazo ata o 5 de marzo,  o día 6 acudirase ao IES Antón Losada para presentala. O alumnado da ESO terá de prazo ata o 7 de marzo, o día 8 acudirase ao IES Antón Losada para presentala. 

  • MÁIS INFORMACIÓN: Ver calendario no taboleiro da clase. Consultar a páxina http://www.edu.xunta.es/fp/probas. Acudir ao departamento de orientación do centro.