RULA E VINCULA. Arquivo fotográfico
PINCHA AQUÍ PARA VER A IMAXE AMPLIADA
Dende o IES Nº 1 queremos facer un banco de imaxes coa maior cantidade posible de fotografías dixitais do entorno rural da Estrada. Para este proxecto a colaboración da Comunidade Escolar é fundamental.
As fotografías pódense pasar mediante calquera soporte informático (pen, tarxeta de memoria, cd, dvd, etc.) preferiblemente aos profesores David ou Jano, tamén se habilitará temporalmente un ordenador en conserxería a tal efecto. O material será devolto aos propietarios unha vez copiado.
Os arquivos ou carpetas deberán indicar o lugar onde foron feitas as fotografías.
Se a cámara ou móbil teñen localizador GPS preferimos que o activedes, para poder colgar as fotos no Google Maps e situalas no lugar exacto onde se tomou.
Magosto a toda castaña, 2011
DÍA DE MAGOSTO A TODA CASTAÑADA NO IES UN
Hoxe no día de San Martiño celebrouse no Ies Un a castañada deste ano en celebrar dunha xornada de magosto e castañas. Na idea desta celebración tamén se considerou a posibilidade dunha proposta chamada " VENDO A ÁRBORE NA SEMENTE" e así no disfrute das castañas e ao redor do festivo, tamén se tratou de poñer base de ter e de repoñer froito e pola mesma procedeuse á plantación de tres castiñeiros que dan así comezo a un souto de futuro que irá medrando a cada ano e que desta maneira dea proveito e froito de castañas nos anos que veñan coas que celebrar os magostos que se programan a cada ano neste Instituto. Por outra parte vaise · apadriñar· cadanseu castiñeiro cun nome do noso entorno ( de ámbito popular ) e que así quede constancia de rexistro de denominación en cada ano que se planten estas árbores e así tamén se sumen á creación dese lugar, o souto, ao que tamén se lle poñerá nome en breve.esta actividade tamén se inclúe noutra interdisciplinar de carácter didáctico-innovador e a desenvolver a través deste curso e que leva o nome xenérico de (RE)COÑECER(SE).
FAI CLICK AQUÍ PARA VER A GALERÍA FOTOGRÁFICA DO MAGOSTO, 2011
Lei de Convivencia e Participación dá Comunidade Educativa
Como acoso escolar defínese no texto calquera forma de vexación verbal, física, psicolóxica e ata o illamento ou baleiro social que un alumno ou un grupo fan a outro, sexa cal for o lugar no que se produza. Tamén se inclúen as condutas a través de medios electrónicos ou telemáticos, como Internet, móbiles ou redes sociais.
O acoso escolar será falta grave de convivencia e os estudantes implicados poderán ser sancionados con medidas que van desde a realización de tarefas, a suspensión das actividades extraescolares, a expulsión do centro durante un máximo dun mes, ata chegar ao cambio de instituto.
Esta lei ademais, axiliza o réxime sancionador aos alumnos ata o punto de que condutas graves, que nestes momentos tardan en resolverse máis de dous meses, dirimiranse nun máximo de 22 días.
Ligazóns da Biblioteca
A ONU lanza a Biblioteca Dixital Mundial co acordo entre os grandes centros da cultura de todo o mundo. Temos a nosa disposición, de forma gratuíta e en múltiples idiomas, os logros máis relevantes do saber humano recollido nos fondos das grandes bibliotecas internacionais.Textos, manuscritos, imaxes, pinturas, gravados, partituras, planos, sons, fotografías e filmacións conservados nas máis prestixiosas bibliotecas de calquera canto do globo e en sete idiomas: inglés, árabe, chinés, español, francés, portugués e ruso.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25