Charla sobre DOAZÓN E TRANSPLANTES
Os alumnos de 3º ESO participan na Charla sobre DOAZÓN E TRANSPLANTES que organiza o departamento de Ciencias Naturais e o de Orientación do centro. A charla e levada a cabo pola OCT (Oficina de coordinación de trasplantes do Servizo Galego de Saúde). A charla é impartida por Marta Álvarez da OCT e por Dolores unha muller que foi transplantada de fígado fai 12 anos, e que ven a contar a súa experiencia aos alumnos.
Calendario dos exames extraordinarios de setembro, 2014
EXAMES CORRESPONDENTES Á CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO DO CURSO 2013-2014.
RECORDADE QUE NON HAI SERVIZO DE AUTOBÚS.
Calendario dos exames extraordinarios de setembro, 2014
[slideshare id=37554368&doc=calendarioexamessetembro2014-140731180619-phpapp01&type=d]
Club de Lectura. Festa de Remate
DÍA DE BEN E MARABILLA.DOZURA DE LETRAS E COMPLICIDADES
O martes 17 a paso de moita ilusión, indo do IES ao Recreo Cultural da Estrada, onde fomos marabillosamente recibidos, chegamos a golpe de calor e cos corazóns a cen para mergullarnos nas augas frescas da piscina e de seguido entre colegas demos conta dun xantar guapo e ben servido. Pola tarde logo do baño, tivemos contactos para traballarmos nunha enquisa-valoración dos CLUBES DE LECTURA deste curso 2014.Todo foi percorrendo entre amabilidades e pensamentos. Foi fermoso e iso demostra, así o fixemos notar, que a LECTURA é un facer fermoso, necesario e libre (vamos, porque che peta).Quen non le…non sabe o que perde, pero dentro do respecto…alá el ou alá ela.
Este ano pechamos con portas abertas as actividades e propostas dos nosos TRES CLUBES DE LECTURA do noso IES.Un adicado ao Teatro, outro á Narrativa e Poesía e o outro ao Cine.
Miremos aos tempos que virán e teñamos un lugar guapo e disposto para facer lectura de frescura que é algo cheo de esperanza, de liberdade, de amor, de complicidade. Todo ha ser
Proxecto Comenius sobre o voluntariado
O noso instituto leva xa dous anos traballando no proxecto Comenius LIVING TOGETHER-HELPING EACH OTHER sobre o voluntariado. Neste curso participamos en dous encontros.
O primeiro encontro foi en Alemaña. Celebrouse en Würzburg entre o 24 e o 28 de outubro de 2013. As alumnas que participaron foron Tania, Paula, Erika e Saleta (4º ESO) acompañadas polas profesoras M. Jesús Lorenzana e Ana Mella. No encontro estas alumnas presentaron un traballo sobre a inmigración en Galicia que fixeron en colabaoración cos compañeiros de curso e coa axuda de Maite a profesora de historia.
O segundo encontro foi en Eslovaquia. Tivo lugar en Svidnik entre o 24 e o 28 de marzo. Os alumnos que acudiron foron Loli, María, Xana e Manuel Carballo acompañados polos profesores Touriño e Sandra. Os nosos alumnos presentaron un traballo sobre o que é para eles o voluntariado. Para a realización do mesmo contaron coa colaboración do profesor de arte Jano e coa doutros compañeiros de curso.
Grazas a todos por facer posible este proxecto..
Pincha sobre a imaxe para ver o album completo
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- seguinte ›
- última »