O colectivo Traballando xuntos formado por todos os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Concello da Estrada, propuxeron a actividade “Iº Certame de microrelatos e micropoesía” ao redor da figura de Xosé Mª Díaz Castro e así na liña creadora da palabra soños. De cada centro premiáronse segundo as seguintes categorías:
- 1º, 2º e 3º ciclo de Primaria
- 1º,2º, 3º e 4º de ESO e Bacharelato. O acto de entrega de premios foi na “Iª Festa da Palabra” o día 9 de xuño no Teatro Principal de A Estrada. Os traballos premiados formarán parte dun libro colectivo financiado polo concello de A Estrada. A organización correu a cargo dos ENLG coa colaboración do concello de A Estrada. Do noso IES os premiados foron:
- Micropoemas: Adrián Fernández Vinseiro (1º ESO), Laura Espiño Dos Santos (4º ESO)
- Microrelatos: Nicolás Gómez Rey (1º ESO). A entrega de premios do noso centro fixérona: o director do centro, a orientadora e o presidente da ANPA.
Esta actividade forma parte do Plano de Fomento do uso da Lingua Galega.
|
|||