Inauguración Curso na Biblioteca
Comeza o curso un ano máis e, como non podía ser doutro xeito, a Biblioteca abre as súas portas para toda a comunidade educativa.
O xoves 1 de outubro abrimos simbolicamente, nun acto no que o escritor e ex-compañeiro David Otero nos agasallou cunha fermosa charla arredor da lectura, dos libros e das bibliotecas escolares. Ademais, o equipo da biblio aproveitou para recibir de maneira especial ao alumnado de 1º de ESO, a quen entregou os carnés e agasallou cun bonito.
Queda, por tanto, aberta a Biblio! Agardámosvos!
2015-16 Roteiro polo val do Vea
O martes, día 29 de setembro, o alumnado e o profesorado que o curso pasado desenvolvemos o Proxecto Interdisciplinar realizamos un roteiro polo val do Vea. Visitamos o castro de Barbude, a igrexa de Santeles, as burgas de Teo, a igrexa de Requián e a área recreativa do Xirimbao.
Como se movía a ponte colgante e canto nos picaron os fentos do castro!
Agradecemos a todos os que colaboraron con nós e nos permitiron gozar dun día tan fermoso.
CALENDARIO DE SETEMBRO
EXAMES – NOTAS – MATRÍCULA – LIBROS TEXTO
EXAMES E NOTAS
-
Os días martes 1 e mércores 2, de setembro, realizaranse as probas da convocatoria extraordinaria (calendario ao dorso)
-
O día venres 4 entrega de notas ás 10:30 h.
-
Recollida de sobre de matrícula en conserxería.
-
Os días 4 e 7 ( ata as 11 h) de setembro poderán presentarse as reclamacións.
-
O día 7 resolución das reclamacións ás 12 horas.
NON haberá servizo de autobuses.
O calendario estará colgado na páxina WEB do centro e exposto no taboleiro de anuncios.
LECTURAS PARA O VERÁN
Recomendadas polos equipos de Biblioteca dos 3 institutos de secundaria de A Estrada
Memoria das actividades no curso 2014-15
Recompilación das distintas actividades que neste curso se desenvolveron no noso Centro.
Graciñas a tod@s os que as fixeron posible !!!
Homenaxe a David Otero
Velaí a emotiva despedida ao mestre.
Rapaces e rapazas emocionados agradecen as leccións do NOSO PROFESOR
ATA SEMPRE, COMPAÑEIRO !!!
CONFERENCIA SOBRE A FRANCOFONÍA NO MUNDO
Movilidad de las personas por motivos de aprendizaje (KA1) Erasmus +
Proyecto "Lingua, linguae".
Departamento de Francés IES Nº 1 A Estrada
OBRADOIRO DE SEXUALIDADE
O DÍA 12 DE MAIO INICIAMOS PARA OS ALUMNOS DE 3º ESO GRUPO A-B e PDC UN
OBRADOIRO DE SEXUALIDADE E ADOLESCENCIA
QUE REALIZARASE EN HORAS DE TITORIA( 4 SESIÓNS POR GRUPO) IMPARTIDA POR JAVIER CASTRO , Educador social que colabora con ACROFAM( ASOCIACIÓN PARA EL CRECIMIENTO Y ORIENTACIÓN FAMILIAR). OS TEMAS QUE ABORDARAN NO OBRADOIRO SON:
- SEXUALIDADE E SENTIMENTOS. OTRA FORMA DE SER DIFERENTES.
- SEXUALIDADE LIBRE DE MITOS.
- MÉTODOS ANTICONCEPTIVOS.
- DETEITOS SOBRE A MIÑA SEXUALIDADE.
1º Concurso de Cociña no Centro
O pasado venres, día 27 de marzo, o alumnado de 1º ESO celebrou unha actividade a partir do libro de lectura, Escarlatina, a cociñeira defunta, na que se elaboraron receitas de cociña inspiradas no libro. A partir de aquí, o IES Nº 1 realizou un concurso entre os participantes no que se concederon tres premios.
Charla de Ledicia Costas
O pasado día 4 visitounos Ledicia Costas autora da obra “Escarlatina, a cociñeira defunta”, obra de lectura para o alumnado de 1º da ESO. Neste encontro os rapaces e rapazas foron descubrindo certos enigmas que non quedaran ao descuberto coa lectura. Así mesmo asinoulle no libro como mostra da súa presenza.
Actividades de celebración do DÍA DE ROSALÍA
No acto organizado polo Concello da Estrada no MOME para conmemorar o aniversario de Rosalía de Castro participamos recitando por diversos membros da comunidade educativa un texto de David Otero que gaba a figura da autora.
Baixo o lema 24F de R o alumnado leu e interpretou diversos poemas da autora.
Erasmus+ Proyecto K1
Movilidad de las personas por motivos de aprendizaje (KA1) Erasmus +
Título del Proyecto: Plan de Dinamización Lingüística "Lingua, linguae".
Período de realización: 2014-2016.
El IES Nº1 de A Estrada ha recibido una subvención para realizar un proyecto de lenguas extranjeras en el marco del Programa Erasmus+ -Proyecto KA1/Movilidad de las personas por motivos de aprendizaje /Movilidad de personal de Educación Escolar-.
Eu son Rosalía
Conmemoramos un ano máis o Día de Rosalía de Castro, o 24 de Febreiro, con este vídeo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- seguinte ›
- última »