LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 19-20

Listaxe de libros de texto para o vindeiro curso. Non hai cambios con respecto ao curso anterior.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

As persoas interesadas poderán reclamar ata o día 18 de xullo ás 12:00 horas.

Comida de remate do Club de Lectura 2017-18

17-18 fin de curso  (48)

Videoconect@s

ACTIVIDADE CONXUNTA  DE DINAMIZAESTRADA, O EQUIPO DE COORDINADORAS E COORDINADORES DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DOS CENTROS EDUCATIVOS DO CONCELLO DA ESTRADA

 

Por primeira vez neste curso, Dinamizaestrada organiza esta actividade que pretende comunicar os distintos centros de ensino da Estrada a través das novas tecnoloxías empregando como lingua de comunicación o galego.

A actividade consistiu nunha videoconferenza que se impartiu desde o  noso centro e se difundiu para o alumnado de 5º e 6º de Primaria dos Colexios de Oca e de Vea.

Xornadas de Información ás Familias. Transición de Primaria á E.S.O.

O IES Nº1 A Estrada invita ás familias dos centros de Educación de infantil e primaria adscritos, a coñecer as nosas instalacións e a proporcionarlles información de interese sobre a nova etapa.

 

A reunión terá lugar o martes, día 12 de xuño ás 19:00 h na biblioteca do noso centro.

 

Agardamos a súa asistencia.

 

 

Celebramos o día das Letras Galegas 2018 co Coro do Antón Losada

17-18 Coros anton losada (29)

Revista viva 2018

E POR FIN! A ACTIVIDADE ESTRELA DA BIBLIOTECA!!!

 

O 29 de maio celebramos no Teatro Principal (e único) a 5ª edición da nosa  “Revista Viva Nós de Nós”.

 

Foi unha actividade lúdico-cultural, aberta a todo o mundo (pais e nais, alumnado, profesorado, persoal non docente...) no que amosamos parte do traballo que, ao longo do curso, elaboraron os rapaces.

 

Festa das palabras, 2018

Escolma das imaxes da "Nosa memoria Colectiva"

Memoria do curso 2017-18

Fondo solidario de libros de texto curso 18/19

Publicada a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

Correlingua 2018

17-18 Correlingua  (26)

Ruta rosaliana, 2018

17-18 04 Ruta rosaliana (54)

Campamentos de Verán 2018

campamentos de veran

 

Calendario dos exames de materias pendentes, MAIO 2018

17-18 pendentes maio

Segundo catálogo de RECUPERACIÓN DA NOSA MEMORIA COLECTIVA.

IES Nº 1 da Estrada rematouo seu segundo catálogo de RECUPERACIÓN DA NOSA MEMORIA COLECTIVA.

A idea foir unir e catalogar un arquivo dixital fotografíco que entre todas as famílias que conforman a comunidade escolar para crear unha imaxe colectiva dunha época nun territorio determinado: A Estrada, para recuperar, como nun puzzle, un mundo que se esvae e outro que se transforma.

 

MOITAS GRAZAS A TODOS, ESPECIALMENTE A AQUELAS FAMILIAS QUE PARTICIPÁCHEDES NO PROXECTO.

Enquisas sobre a convivencia para o alumnado

Certame de recolla das imaxes do Patrimonio Cultural Inmaterial galego-portugués

Cada alumno pode participar con unha ou varias fotografías, tomadas en datas anteriores a 1970, que serán enviadas á asociación a través do centro educativo no que estude. As fotografías conterán imaxes de calquera aspecto relacionado co Patrimonio Cultural Inmaterial (oralidade, saberes tradicionais, ciclo festivo anual, cultura agromarítima, etc. ) e presentaranse dixitalizadas

 

Os participantes só poderán achegar fotografías que sexan propiedade da súa familia sendo motivo de exclusión do certame a aportación de imaxes de fora dese ámbito

 

Día de Rosalía - A Estrada 2018

Aquí vos deixamos o vídeo do Día de Rosalía que este ano fixemos dende o Concello da Estrada contando coas achegas de moitxs amigxs. Rosalía en 18 linguas en fragmentos de vídeo chegados dende Glasgow, Leiden, Fuerteventura, Turaif, Dubai, Copacabana, Polonia, Japón, Jerez, Munich, Venecia, Guanzhou, Tailandia, Los Angeles, París, Portugal, Bos Aires, Granada, Inglaterra, Irlanda, Rep. Checa, Suíza, e como non podía ser doutra forma dende todos os centros educativos do Concello da Estrada cunha produción de Lucas Terceiro. Un videoclip que trata de poñer en valor a proxección universal da obra de Rosalía a través secuencias fragmentadas en distintas linguas e imaxes chegadas de moitos puntos do planeta.

 

Plaza VACANTES de Alumnado para o curso 2018-19

CURSO Nº DE RESERVAS VACANTES
35 25
48 12
53 7
40 20

Día de Rosalía, 2018

17-18 día de rosalia (5)

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2018

axudas linguas extranxeiras

 

Entroido 2018

17-18 entroido (45)

Día de Castelao

18 02 02 dia de castelao  (12)

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 30 de xaneiro de 1886 – Bos Aires, 7 de xaneiro de 1950). 

Dia da Non Violencia Escolar e da Paz

17-18 dia da paz  (82)

Distribuir contido