MATRÍCULA E DEVOLUCIÓN LIBROS DO FONDO SOLIDARIO

  • A matrícula para o curso 20/21 farase por quendas nos primeiros días de xullo.
  • A devolución dos libros de texto do fondo solidario de 1º, 2º e 3º ESO farase por quendas no mesmo día que se entregue a documentación para a matrícula. O alumnado de 4º ESO fará a devolución os días 25 e 29 de xuño.
  • O alumnado de 4º ESO que titule recollerá o mesmo día que devolva os libros a certificación académica necesaria para formalizar a matrícula noutro centro.

Nos dous documentos adxuntos teñen información máis precisa sobre estes procedementos.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/21

No ficheiro adxunto figura a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 20-21.

MATRÍCULA CURSO 20 - 21 4º ESO

4

 

  

 matricula 4

MATRÍCULA CURSO 20 - 21 3º ESO

 

informacion 3

 

matricula 3

MATRÍCULA CURSO 20 - 21 2º ESO

informacion 2

 

 

matrícula 2

MATRÍCULA CURSO 20 - 21 1º ESO

1

 

  

matricula 1

CUALIFICACIÓNS FINAIS

  • As notas finais poderán consultarse a partir do luns 22 de xuño ás 16:00 horas mediante a ferramenta abalarMóbil. Non se entregarán boletíns de notas en formato físico.
  • O período de reclamación abranguerá desde o 23 de xuño ata o 29 de xuño ás 14:00 horas.
  • Lembren que os días 24 (festivo autonómico) e 26 de xuño (festivo local) non son lectivos, polo que o centro permanecerá pechado.

Listaxes provisionais de admitidos

Desde hoxe, 9 de xuño, poden consultarse as listaxes provisionais de alumnado admitido no proceso de admisión. Todas as solicitudes foron admitidas. O período de reclamación contra estas listaxes é de tres días hábiles a contar desde o día seguinte á súa publicación.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Ven de publicarse no DOG a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2020/2021. Pode consultarse no seguinte enlace:

ORDE fondo solidario de libros de texto e material escolar

No ficheiro adxunto poden consultar a información de interese da orde resumida, así como o protocolo a seguir no noso centro para realizar as solicitudes.

Apertura do centro e atención ao público

A partir do luns 11 de maio o centro abre para atender as consultas relacionadas co proceso de admisión.

Tamén poderán facerse outro tipo de consultas ou xestións tendo en conta as seguintes instrucións:

  • O horario de atención ao público será de 10:00 a 13:30 horas.
  • Prégase solicitar cita previa para poder garantir o cumprimento das medidas sanitarias e de distanciamento social aconsellables na actual situación.
  • No centro é preciso respectar as medidas de prevención de contaxio: manter unha distancia mínima de dous metros, tanto nos accesos como nos espazos de atención ao público, extremar as medidas de hixiene respiratoria como, por exemplo, ao tusir, ou manter unha adecuada e frecuente hixiene de mans.
  • Aconséllase traer bolígrafo propio por se a xestión implica cubrir e asinar documentos.

SOLICITUDES DE ADMISIÓN: NOVOS PRAZOS

De acordo coa RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020, restablécese o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021.

Este procedemento vai dirixido ao alumnado que provén doutros centros distintos dos centros adscritos.

O prazo para a presentación das solicitudes de admisión reiniciarase o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

Prégase solicitar cita previa para poder garantir unha atención coas medidas sanitarias e de distanciamento social aconsellables na actual situación.

DESENVOLVEMENTO DO TERCEIRO TRIMESTRE

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou no seu portal as instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso actual.

Pódese consultar esta información no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30936

DÍAS NON LECTIVOS

Recordámoslle que os días 1 e 4 de maio foron declarados NON LECTIVOS.

FUNCIONAMENTO DA AULA VIRTUAL

A partir de agora, tendo en conta que parte do alumnado manifesta ter problemas de conectividade, as tarefas da Aula Virtual cargaranse os luns de cada semana. Deste xeito, non será necesario conectarse continuamente para ver se algún profesor ou profesora subiu á aula virtual máis tarefas. As que aparecen o martes, por exemplo, serán as mesmas que as do mércores ou o venres. 

Pensamos que esta medida, ademais, favorece o traballo do alumnado e permítelle unha mellor organización e un mellor aproveitamento da actividade educativa.

MOITO ÁNIMO!

NOTAS DA 2ª AVALIACIÓN

Seguindo as instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a efectos de dar continuidade no calendario escolar, formalizaremos o peche da avaliación do segundo trimestre esta semana.

En consecuencia:

  • Durante esta semana celebraremos as sesións de avaliación dos diferentes niveis.
  • A finais da semana poderán consultarse as notas desta 2ª avaliación exclusivamente a través da ferramenta abalarMóbil.

Recordamos a aquelas familias que aínda non están dadas de alta en abalarMóbil que deben facelo o antes posible. Como xa se informou, esta será a vía prioritaria de comunicación coas familias mentres dure esta situación de estado de alarma. Poden consultar información sobre a ferramenta pulsando na icona correspondente situada na marxe esquerda desta mesma páxina.

ACORDOS DA CONFERENCIA SECTORIAL DE EDUCACIÓN

Na Conferencia Sectorial de Educación celebrada onte, 25 de marzo, acordouse avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre. Estas modificacións abordaranse nunha xuntanza en abril.

Máis información no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634

DÍAS NON LECTIVOS

Recordámoslles que os días 19 e 20 de marzo foron declarados días non lectivos, polo que non se atenderán chamadas no teléfono do centro durante estes días.

PREMIOS do VII CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS DOS CENTROS EDUCATIVOS D´A ESTRADA. DINAMIZAESTRADA. Marzo 2020

dinamizaestrada 2

 

 

 

PREMIADOS EN MICRO-POEMAS 

dinamizaestrada

 

 

PREMIADOS EN MICRO-RELATOS 

microrelatos

INSTRUCIÓNS PARA A ATENCIÓN AO ALUMNADO DURANTE O PERÍODO DE SUSPENSIÓN DAS CLASES

Debido á suspensión das clases decretada polas autoridades, o alumnado continuará coa súa formación de xeito telemático a través da aula virtual do centro.

Por iso, deberá rexistrarse na plataforma e matricularse no curso correspondente. Achéganse instrucións pormenorizadas de como realizar este proceso no ficheiro adxunto.

As contas de aqueles alumnos e alumnas que se rexistraron antes de recibir este comunicado, desoíndo as instrucións dadas en comunicados anteriores, foron eliminadas para faclicitar o traballo do administrador da aula virtual, polo que terán que matricularse de novo seguindo o procedemento que se achega.

Prégase que durante o tempo que dure esta situación se sigan as instrucións que vaian recibindo nesta mesma páxina web, única canle válida e fiable xunto coa ferramenta abalarMóbil para as notificacións do equipo directivo do centro.

NOVAS INSTRUCIÓNS EN RELACIÓN AO PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión para alumnado de centros non adscritos, que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

SUSPENSIÓN DAS CLASES A PARTIR DO LUNS 16 DE MARZO

O presidente da Xunta de Galicia anunciou hoxe, xoves 12 de marzo, a suspensión temporal das clases a partir do próximo luns 16 de marzo e durante 14 días. A decisión de asistir ao centro mañá venres queda en mans dos pais e nais do alumnado.

Permanecemos á espera de recibir instrucións. Iremos actualizando a información a medida que nos vaia chegando.

Independentemente das instrucións recibidas, as decisións que tomemos terán como fin último procurar que o noso alumnado non resulte prexudicado por esta situación.

PERIODO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

As solicitudes de admisión poden presentarse presencialmente no centro para o que se solicita a admisión ou na sede electrónica da Xunta de Galicia (formulario normalizado ED550B).

 

Prazos:

    • Solicitudes presenciais no centro: do 1 de marzo ata o 23 de marzo.
    • Solicitudes na sede electrónica: do 1 de marzo ata o 20 de marzo.

 

Vacantes:

    • A continuación preséntase o número de vacantes por nivel educativo. Este número resulta dunha estimación feita tendo en conta o posible alumnado repetidor.