Revista Viva, 2017

16-17 revista viva (17)

Fondo solidario de libros de texto

Aínda hai pais e nais que non presentaron a correspondente solicitude. Recordade que o prazo para presentar as solicitudes remata o próximo 23 de xuño.

Para calquera dúbida podedes chamar ao teléfono do centro.

Folga no sector do transporte de viaxeiros

Estimadas familias:

Informamos da convocatoria dunha folga do transporte para os días 20 e 21 de xuño. Esta folga afecta ao transporte escolar.

O transporte escolar soe estar incluido dentro dos servizos mínimos. Sen embargo, non está garantido que se manteña o servizo para eses días (presenza de piquetes, conductores que non asumen estes servizos mínimos, etc.).

Polo tanto, e tendo en conta que gran parte do alumnado está inmerso na fase de avaliación final e debe presentarse a probas e exames que condicionarán as súas notas, solicitamos a súa colaboración para garantir que os seus fillos e fillas poidan presentarse a ditas probas.

Comunicado de Apoio ao IES GARCÍA BARROS

Tendo en conta o hackeo de varias contas do profesorado na rede corporativa da Xunta do IES Garcias Barros, o claustro do noso Centro manifesta o seu apoio e solidariedade cos compañeiros afectados

ABERTO PRAZO PARA SOLICITUDES DO FONDO LIBROS E AXUDA MATERIAL

 
 
 

Alumnos do 3º e 4º que participaron no campionato escolar

Alumnos do 3º e 4º que participaron no campionato escolar o pasado martes día 9 de maio

 

badmintong ies 2017

Correlingua, 2017

Un ano máis, no mes de maio, o día anterior ás Letras Galegas, acudimos á cita do CORRELINGUA na Estrada.

Enchéronse as rúas e as prazas de centos de nenas e nenos, mozas e mozos que   tinxiron de color e contaxiaron de entusiasmo a xente da vila que acabou participando dende a xanela ou a porta da casa, dende o comercio ou o banco da praza ou da beirarrúa,  deste acto festivo de afirmación da identidade e amor ao idioma.

Día de palabras, de pancartas, de poesía, de bandeiras, de músicas e gaitas, día de sorrisos, de globos xigantes de colores, de manifestos e desexos;  día soleado e cómplice para acompañar este acto simbólico de compromiso co país e coa lingua nun ambiente festivo e comunitario.

EN GALEGO SEN CANCELAS

EN GALEGO SEN LÍMITES

Eran os lemas dos actos deste ano,  aos que se uniu o alumnado e o profesorado do IES Nº1, o noso IES:

EN GALEGO SEMPRE

Parabéns!!! 

  

Listaxe definitva de alumnado - Admisión curso 2017/2018

admintidos

 

 

admintidos 2

 

 

 

admintidos 3

2016-17 Excursión de 1º ás Fragas do Eume e Ferrol

Dentro do programa de colaboración co PROXECTOTERRA este ano o alumnado de 1º ESO participou do intercambio nas comarcas de Ferrol e as Fragas do Eume. Disfrutamos dun paseo pola ría, a guía tamén levounos polos lugares máis sinalados de Ferrol, visitamos o Museo Naval, o castelo de San Felipe, unha Aula de Medio Ambente, visitamos o Castelo dos Condes de Andrade, no Albergue de Albarella tratáronnos de marabilla e aprendimos moitas cousas sobre as vivendas sostibles, ademáis foron unhas estupendas guías polas Fragas do Eume e o Mosteiro de Caaveiro

  

16-17 ferrol fragas eume  (73)

2016-17 Excursión de 1º a Santiago

IMG_0003

2016-17 Excursión de 4º a Andalucía

16-17 excursion 4  (21)

Campamentos de Verán 2017

Campamentos de Verán 2017

 

Alerta meteorolóxica

Estimadas familias:

Para mañá e pasado está prevista unha alerta meteorolóxica, polo que a Xefatura Territorial de Educación, remite un aviso no que se nos comunica que queda suspendido o transporte escolar entre as 12:00 h do día 22  e as 12:00 h do día 23.

Mañá mércores 22 funcionaría o transporte para traer os alumnos, pero non a viaxe de volta. No caso de vir, as familias terían que vir a recoller ao alumnado ás 14:25 h.

Entroido, 2016

16-17 entroido  (6)

Día da paz, 2017

16-17 dia da paz  (39)

 

Traballo audiovisual realizado polo alumnado de 1º ESO

 

MOBILSUSTO!!!!

 ANÍMATE A CREAR O TEU

COLLE O TEU MÓBIL. GRABA UNHA ESCEA DE TERROR OU DÁ UN SUSTO A ALGUÉN.

SE QUERES PODES EDITALO (CON MÚSICA, LETRAS, EFECTOS...)

POR FAVOR EN HORIZONTAL...

MOBILSUSTO!!!!

 ANÍMATE A CREAR O TEU

COLLE O TEU MÓBIL. GRABA UNHA ESCEA DE TERROR OU DÁ UN SUSTO A ALGUÉN.

SE QUERES PODES EDITALO (CON MÚSICA, LETRAS, EFECTOS...)

POR FAVOR EN HORIZONTAL...

Árbore de Nadal

Coqueteando coa xeometría, os móbiles, os calidociclos de Escher e as redes modulares,no IES Nº 1 da Estrada, estamos armando este estupenda árbore de Nadal nas clases de plástica !!

 

16 - 17 ARBORE DE NADAL  (13)

DÍAS NON LECTIVOS CURSO 2016-2017

A Xefatura Territorial declarou NON LECTIVOS para este centro os días 5 de decembro de 2016 e 2 de maio de 2017, de acordo coa Orde do 7 de xuño de 2016 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2016/2017.

Prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar

O prazo para presentar as candidaturas para representar aos diferentes sectores da comunidade educativa no Consello Escolar remata o próximo venres 18 de novembro. Animádevos a presentar a vosa candidatura. Os colectivos de alumnos e alumnas e o de pais e nais precisan da vosa participación.

Magosto, 2016

16-17 magosto  (29)

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Un ano máis, queremos recibir ao novo alumnado na nosa Biblioteca e por iso convidámosvos a vir o luns, 24 de outubro, a un acto que celebraremos alí para todos vós.

 

2016-17 1º ESO. Excursión a Ximonde e Pazo de Santa Cruz

O martes 24 de outubro o alumnado de 1º ESO participou nunha excursión interdisciplinar organizada polos departamentos de Ciencias Naturais, Educación Física e Educación Plástica no área recreativa de Rebordelo nas inmediacións do coto salmoneiro de Ximonde 

Pola tarde achegámnos ao Pazo de Santa Cruz de Rivadulla

 

16 10 04 ximonde  (55) (Copiar)