Correlingua, 2017

Un ano máis, no mes de maio, o día anterior ás Letras Galegas, acudimos á cita do CORRELINGUA na Estrada.

Enchéronse as rúas e as prazas de centos de nenas e nenos, mozas e mozos que   tinxiron de color e contaxiaron de entusiasmo a xente da vila que acabou participando dende a xanela ou a porta da casa, dende o comercio ou o banco da praza ou da beirarrúa,  deste acto festivo de afirmación da identidade e amor ao idioma.

Día de palabras, de pancartas, de poesía, de bandeiras, de músicas e gaitas, día de sorrisos, de globos xigantes de colores, de manifestos e desexos;  día soleado e cómplice para acompañar este acto simbólico de compromiso co país e coa lingua nun ambiente festivo e comunitario.

EN GALEGO SEN CANCELAS

EN GALEGO SEN LÍMITES

Eran os lemas dos actos deste ano,  aos que se uniu o alumnado e o profesorado do IES Nº1, o noso IES:

EN GALEGO SEMPRE

Parabéns!!! 

  

16-17 05 correlingua  (64)