Campamentos no Mar 2015

Campamentos no Mar 2015

Ábrese o prazo para a inscrición no Campamento no Mar organizado polo Concello no presente ano, dirixido a rapaces e rapazas entre os 8 e 16 anos de idade.O campamento desenvolverase no Campamento Xuvenil “A Devesa”- Ribadeo en dúas quendas en función da idade dos participantes:
  • 1ª Quenda do 18 ó 23 de agosto: 45 rapaces e rapazas entre 13 e 16 anos
  • 2ª Quenda do 23 ó 29 de agosto: 45 rapaces e rapazas entre 8 e 12 anos.

A cota xeral de inscrición para participar nas actividades e de 60 euros, en cada unha das quendas.Contémplanse 2 modalidades de bonificación sobre a cota de inscrición para rapaces e rapazas empadroadas no concello da Estrada:            A) Gratuidade: Acudirán en réxime de gratuidade aqueles nenos/as que se atopen en calquera das seguintes situacións:

  • Nenos e nenas en situación de vulnerabilidade que conten coa prescrición técnica na que se propoña a súa incorporación ó Campamento en réxime de gratuidade.
  • Os nenos/as que se atopen en situación de acollemento familiar, e que conten con informe favorable por parte do traballador social de referencia.
  • Os  nenos/as  saharauís  acollidos  por  familias  da  Estrada  con  motivo  do desenvolvemento do Programa Vacacións en Paz 2015, sempre e cando teñan presentada a ficha de inscrición e restante documentación.

           B) Bonificación do 50% da cota de inscrición: Abonarán o 50% da cota de inscrición os rapaces e rapazas que se atopan nas seguintes situacións:

  • familias con cartilla de familia numerosa vixente
  • familias cunha renda per cápita anual na unidade familiar igual ou inferior o 65% do IPREM correspondente ó ano 2014 (renda per cápita de 4.153,85 euros ano na unidade familiar).
  • Nos casos de que varios irmáns participen na mesma actividade, aínda que sexa en distintas quendas, o segundo e seguintes terán unha bonificación do 50% da cota de inscricións
Máis información neste enlace á web do Concello da Estrada

 

O prazo de inscrición está aberto desde o 25 de maio ata o día 12 de xuño.
 

 

Temos as solicitudes na secretaría do centro(Xavi).