CONCURSO "A NOSA AULA"

Desde o mes de outubro está en marcha un concurso que pretende mellorar o ambiente de estudo e a orde nas aulas do primeiro ciclo da ESO. Chámase "A nosa aula". Os diferentes grupos de 1º e 2º da ESO son puntuados polo profesorado e coordinados polos seus titores.

Os gañadores de outubro foron 1º A2 e 2º A, que desfrutaron na cafetería dun almorzo especial.

PARABÉNS!

 

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Como cada ano, o Departamento de Debuxo do IES Monte da Vila convoca un concurso de fotografía que se desenvolve durante oito meses, desde outubro a maio.  O obxectivo é fomentar a criatividade entre todos os membros da comunidade educativa, polo que calquera pode participar segundo as seguintes categorías:

A.      Primeiro e Segundo de ESO

B.      Terceiro e Cuarto de ESO

C.      Bacharelato

D.      Familias e profesorado

Non é preciso inscribirse, apenas enviar as fotografías acordes co tema pola Aula Virtual ou entregalas en formato dixital a Josebe ou a Clara. Cada concursante pode enviar un máximo de 4 fotografías por mes, en calquera formato, tanto en branco e negro coma en cores.

Cada dous meses anunciaranse os temas correspondentes. No caso de outubro o tema é a “Paisaxe: ceos”. Para novembro, o tema será “Auga”.

O prazo para ambos termina o día 30 de novembro.

As mellores fotografías do curso serán expostas a partir de xuño no vestíbulo do centro, onde aínda pódense contemplar as gañadoras do curso pasado.

Exposición do concurso 13/14

 

HORARIO DE PRESENTACIÓNS CURSO 2014-2015

O día 15 de setembro terán lugar as presentacións dos  cursos da ESO e Bacharelato

O día 22 terá lugar a dos alumnos de FP Básica.

Lémbrase ás familias que o día 15 aínda non hai transporte escolar, que comezará a prestar o servizo o día 16 co inicio das actividades lectivas.

Pódense consultar os horarios no seguinte arquivo adxunto:

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO 2014-2015

Premede aquí para visualizar a listaxe dos libros de texto para o vindeiro curso 2014-2015 (6 páxinas).

CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA

Adxuntamos as condicións para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería en centros públicos non universitarios.

O prazo para a entrega de solicitudes comeza o día 2 de xullo e remata o 16 de xullo de 2014. Pódense entregar na secretaría deste centro en horario de mañá ( 9.00-14.00 h.) ou ben remitilas por correo á dirección: IES Monte da Vila, Bouzas 22, apartado de correos 88, O Grove 36980 (Pontevedra).

Cómpre entregar as solicitudes nun sobre pechado que será aberto públicamente o xoves día 17 de xullo ás 11.00 horas. Unha vez abertos, a dirección do centro educativo realizará un informe no que valorará as ofertas presentadas en base aos criterios sinalados nas instruccións, de xeito que clasificará as proposición presentadas por orden decrecente, e requirirá ao licitador que teña presentada a oferta clasificada en primeiro lugar a documentación pertinente.

 

Para acceder a toda a información premede nos seguintes enlaces:

- Instruccións. Lembrade que saíu publicada unha modificación no cálculo do canon mínimo.

- Canon mínimo do IES Monte da Vila.

- Anexo IV (inventario).

- Valoración das ofertas presentadas

Prazos de formalización de matrícula

Os prazos para a formalización de matrícula son os seguintes:

 

PRAZO ORDINARIO: do 25 de xuño ao 10 de xullo

 

PRAZO EXTRAORDINARIO: do 01 ao 10 de setembro (no mes de setembro indicarase o calendario específico para cada curso)

Saída ao lago Castiñeiras e Pontevedra

Actividade levada a cabo polo Departamento de Lingua Galega e Literatura coa colaboración do Departamento de Debuxo.

Ao longo de todo este curso todos os grupos de 1º e de 3º do IES Monte da Vila mantiveron un contacto por carta co IES de Tomiño. Esta correspondencia fíxose de xeito individual (alumno a alumno) o que propiciou un posterior encontro entre os dous centros o luns 5 de maio no lago Castiñeiras e o casco antigo de Pontevedra.

A maior parte do tempo transcorreu no lago e alí desenvolveron varias actividades, sendo a principal o coñecemento en persoa do alumnado dos dous centros.

Para facilitar esta socialización, o Departamento de Debuxo ideou unha actividade moi interesante: tanto o alumnado do Grove como o de Tomiño tiña que facer un retrato do compañeiro co que se carteou durante todo o ano. Isto axudou a que os rapaces dos institutos contactasen de xeito máis espontáneo e divertido.

Unha vez rematados os retratos, iniciamos unha andaina cara un miradoiro e posteriormente xantamos todos xuntos na beira do lago. Pola tarde baixamos ao casco antigo de Pontevedra e, finalmente, chegamos ao Grove sobre as 19:00 horas.

Prematrícula no Monte da Vila Curso 2014/15

Podedes consultar a seguinte información por curso:

a) Impreso de prematrícula: todas as materias a escoller. Enlace en PDF.

b) Información facilitada polos departamentos sobre determinadas  materias. Enlace a cada unha delas.

 

1º ESO

Impreso prematrícula 1º ESO (PDF)

Optatividade:      Francés      Historia e Cultura das Relixións


2º ESO

Impreso prematrícula 2º ESO (PDF)

OptatividadeFrancés   Historia e Cultura das Relixións


3º ESO

Impreso prematrícula 3º ESO (PDF)

Optatividade:     Cultura clásica      Francés    Historia e Cultura das Relixións       Obradoiro de iniciativas emprendedoras      


 

 

4º ESO

Impreso prematrícula 4º ESO (PDF)

Optatividade:        Cultura clásica     Francés   Historia e Cultura das Relixións      Informática     Latín

Obradoiro de iniciativas emprendedoras    Tecnoloxía


1º BAC

Impreso prematrícula 1º BACH

Propias modalidade:   Bioloxía e Xeoloxía    Economía   Grego    Latín

Optativas:   Antropoloxía   Debuxo Artístico I   Economía    Francés  Música


2º BAC

Impreso prematrícula 2º BACH (PDF)

Propias modalidade:  Bioloxía       Ciencias da Terra e ambientais     Economía da empresa   Grego        Latín    Literatura Universal

 

Optativas:   Economía da empresa   Ética e filosofía do dereito    Filosofia da ciencia e da tecnoloxía

Francés    Técnicas de Expresión Gráfico Plástica


 

Ampliación do prazo para a modificación d PE e NOF

O novo prazo de presentación de propostas de modificación do PE e RRI (NOF) amplíase ata o venres 09 de maio.


O periodo de estudo das propostas será igualmente de 1 mes.

 

Notificación anterior

Distribuir contido