Eleccións para a renovación do CONSELLO ESCOLAR - Curso 2012/13

 

Toda a información sobre os prazos e cuestións principais sobre O Consello Escolar e a súa renovación.

 

Cuestións:

- Quen pode participar?

- Como participar?

- Quen forma parte do Consello?

- Como se organizan as eleccións?

- Palabras clave nunhas Eleccións

 

Toda esta INFORMACIÓN podes consultala (AQUÍ: PDF Informativo)

 

O CALENDARIO específico do centro: o prazo para presentación de candidaturas é do 9 ao 19 de novembro (AQUÍ: CALENDARIO no Monte da Vila)

O Monte da Vila na TV

 

Emisión do documental "25 Aniversario IES Monte da Vila" na canle Rias Baixas

Xoves 01/11: 14:15 h

Venres 02/11: 23:30 h

Domingo 04/11: 10:30 h

Xoves 8/11: 23:30 h

Venres 9/11: 15:30 h

Domingo 11/11: 13:30 h

Lexislación relacionada coas mobilizacións do alumnado

A lexislación en materia educativa contempla a posibilidade de acordos no alumnado para a inasistencia ás clases

O artigo 8 da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación (despois de engadirlle unha modificación -a disposición derradeira primeira contida na LOE-) aparece coa seguinte redacción:

Co fin de estimular o exercicio efectivo da participación dos alumnos nos centros educativos e facilitar o seu dereito de reunión, os centros educativos establecerán, ao elaborar as súas  normas de organización e funcionamento, as condicións en que os seus alumnos poden exercer este dereito. Nos termos que establezan as administracións educativas,as decisións colectivas  que adopten os alumnos, a partir do terceiro curso da educación secundaria obrigatoria, con respecto á asistencia á clase non terán a consideración de faltas de conduta nin serán  obxecto de sanción, cando estas fosen resultado do exercicio do dereito de reunión e sexan comunicadas previamente á dirección do centro.

PCPI: Prazo de presentación de solicitudes, listaxe e matrícula

Premede aquí para coñecer o prazo para a presentación de solicitudes, a listaxe de alumnado admitido, os prazos de matriculación e a documentación a presentar

Libros de texto. Curso 2012-2013

Premede aquí para ver a listaxe dos libros de texto corrspondentes ao curso 2012-2013

EXAMES DE SETEMBRO

Tedes a vosa disposición os exames de setembro. Premede aquí e vos aparecerá información de carácter xeral e os horarios de exames da ESO e do Bacharelato. Son tres follas consecutivas.

CALENDARIO DE MATRÍCULA

ESO e BACHARELATO

Prazo ordinario: ata o 10 de xullo (alumnado que teña tódalas materias superadas en xuño)

Prazo extraordinario: pendente de confirmar calendario de exames e de matriculación. Publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro.


CICLO MEDIO

Solicitude de admisión: dende o 18 de xuño ata o 2 de xullo ás 13:00 horas

Matrícula 1ª adxudicación: do 17 ao 19 de xullo


PCPI

(pendente de publicación a orde de admisión de PCPI) 

Solicitude de admisión: do 6 ao 15 de setembro

Matrícula: do 16 ao 21 de setembro

Distribuir contido