Nota informativa ANPA: Banco de libros

NOTA INFORMATIVA DO BANCO DE LIBROS DA ANPA “AS BOUZAS”

IES MONTE DAVILA

 

HORARIO DE RECOLLIDA DE LIBROS:

 

MARTES 23 DE XUÑO DE 2015 DE 10:00 A 12:00   Y    DE 17:00 A 18:30

 

MÉRCORES 24 DE XUÑO DE 2015 DE 10:00 A 12:00

----------------------

CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA 2015-2016

CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA

Axuntamos as condicións para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería en centros públicos non universitarios.

O prazo para a entrega de solicitudes comeza o día 1 de xullo e remata o 15 de xullo de 2015. Pódense entregar na secretaría deste centro en horario de mañá (9.00-14.00 h.) ou ben remitilas por correo á dirección: IES Monte da Vila, Bouzas 22, apartado de correos 88, O Grove 36980 (Pontevedra).

Cómpre entregar as solicitudes nun sobre pechado que será aberto publicamente o xoves día 16 de xullo ás 11.00 horas. Unha vez abertos, a dirección do centro educativo realizará un informe no que valorará as ofertas presentadas en base aos criterios sinalados nas instrucións, de xeito que clasificará as proposicións presentadas por orden decrecente, e requirirá ao licitador que teña presentada a oferta clasificada en primeiro lugar a documentación pertinente.

Para acceder a toda a información premede nos seguintes enlaces:

- Instrucións.

- Canon mínimo do IES Monte da Vila.

 

- Anexo IV (inventario).

- Valoración final das propostas presentadas.

 

Prematrícula Curso 2015/16

Podedes consultar a seguinte información por curso:

a) Impreso de prematrícula: todas as materias a escoller. Enlace en PDF. (Os cursos 1º ESO, 3º ESO e 1º BACH son provisionais, pendente da aprobación definitiva do decreto LOMCE que os regula)

b) Información facilitada polos departamentos sobre determinadas  materias. Enlace a cada unha delas.

 

1º ESO - Provisional

Impreso prematrícula 1º ESO (PDF)



 

2º ESO

Impreso prematrícula 2º ESO (PDF)

OptatividadeFrancés   Historia e Cultura das Relixións


 
3º ESO - Provisional

Impreso prematrícula 3º ESO (PDF)

Materias específicas:     Cultura clásica      Francés      


 

4º ESO

Impreso prematrícula 4º ESO (PDF)

Optatividade:        Cultura clásica     Francés   Historia e Cultura das Relixións      Informática     Latín

Obradoiro de iniciativas emprendedoras    Tecnoloxía


 
1º BAC - Provisional

Impreso prematrícula 1º BACH

Troncais de opción:   Bioloxía e Xeoloxía    Economía   Grego    Latín    Literatura universal

Específicas:  Debuxo Artístico I   Economía    Francés


 
2º BAC

Impreso prematrícula 2º BACH (PDF)

Propias modalidade:  Bioloxía       Ciencias da Terra e ambientais     Economía da empresa   Grego        Latín    Literatura Universal

 

Optativas:   Economía da empresa   Ética e filosofía do dereito    Filosofia da ciencia e da tecnoloxía

Francés    Técnicas de Expresión Gráfico Plástica


 

 

15 de maio, venres, día non lectivo no IES Monte da Vila

O venres 15 de maio non é un día lectivo no IES Monte da Vila (O Grove).

É un dos días autorizados pola Xefatura Territorial, tal e como podedes comprobar no calendario escolar. 

Listado de alumnado admitido para o curso 2015/16

Todo o alumnado que solicitou praza neste centro segundo o procedemento descrito, foi admitido para o vindeiro curso. Adxuntamos listado (PDF).

Listado de Admisión de alumnos e alumnas para o Curso 2015/16

 

 

 

Procedemento e normativa

 

Procedemento de admisión (Información en PDF)

 

Normativa

O Decreto 254/2012, do 13 de decembro, publicado no DOG do día 26 de decembro, regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas do segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.

 

A Orde do 12 de marzo de 2013, publicada no DOG do 15 de marzo, desenvolve o pro- cedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos pú- blicos que impartan ensinanzas de 2° ciclo de educación infantil, de educación prima- ria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Convocatoria de probas de acceso a ciclos de grao medio e superior

Inscrición:

Grao superior: do 23 de febreiro ao 6 de marzo.

Grao medio: do 7 ao 20 de abril.

 

PREPARANDO A PROBA ...

 

GRAO SUPERIOR

Data de celebración: 29 de abril

Información xeral das probas de acceso a grao superior

Exames de convocatorias anteriores

 

GRAO MEDIO

Data de celebración: 3 de xuño 

Información xeral das probas de acceso a grao medio

Exames de convocatorias anteriores

 

 

MÁIS INFORMACIÓN

Toda a información do calendario (PDF) aquí

Máis información na web da FP aquí

Procedemento de admisión Curso 2015/2016

Postos vacantes, prazos de presentación de documentación e formalización da matrícula, no seguinte enlace:

 

Admisión Curso 2015/16 (E.S.O. e Bacharelato)

 

 

FESTA DE NADAL

Como cada ano, o centro celebrou o fin das actividades lectivas do ano con diversos concursos que intentaron fomentar a convivencia. Os resultados foron os seguintes:

DECORACIÓN DE AULAS NADAL ‘14

PRIMEIRO CICLO: 2º A e 2º B

SEGUNDO CICLO: 4º A e FPB

CONCURSO DE DOCES:

·       PRIMEIRO PREMIO: Antón Galiñanes (1º C)

·       SEGUNDO PREMIO: Aitana Arnoso (2º B)

CONCURSO DE KARAOKE:

·       PRIMEIRO PREMIO: Abel Arnoso, Daniel Otero e Pablo Garrido (1º Bacharelato B)

SEGUNDO PREMIO: Olga Espino (1º C)

 

Aquí está un dos grupos gañadores en plena actuación:

 

 

Asimesmo, o alumnado de 4º da ESO que participou na campaña de recollida fixo entrega dos alimentos a Cáritas na mesma mañán do día 19 de decembro.

 

 

25 N: DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

A comunidade educativa do IES Monte da Vila realizou un acto en conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Acudiron tamén representantes do concello, que está a desenvolver varias actividades e proxectos en colaboración co centro. A máis importante delas é a promoción do blog Estamos contigo, que trata aspectos relacionados coa violencia de xénero e pretende ser unha axuda para as persoas afectadas por ela. O blog é un proxecto levado a cabo por alumnas e alumnos de bacharelato aberto á participación de todos.

Foron os responsables do blog aqueles que redactaron o manifesto. Asistimos á súa lectura pública todo o profesorado, todo o alumnado e os representantes do concello: a concelleira de igualdade, a de educación e o de xuventude.

O acto tivo a súa repercusión na prensa.

Pódese ler o manifesto aquí.

Grazas pola vosa colaboración!

 

Lectura do manifesto 

 

Os redactores do manifesto

FESTA DO MAGOSTO

O pasado 14 de novembro tivo lugar a celebración do magosto. Repartíronse castañas asadas e cantáronse algunhas cancións tradicionais. Despois, desenvolveuse un torneo de baloncesto e, como novidade, unha competición de billarda.

magosto

Distribuir contido