Camiñando cara á dixitalización

O xoves 9 de xaneiro de 2020, desfrutamos dunha conferencia impartida por Carlota Sánchez, profesora do IESIDE, na que puidemos pensar no futuro dunha sociedade cun nivel de dixitalización cara vez maior, algo que condicionará o futuro laboral e social.

Esta conferencia, organizada polo Departamento de Economía, foi dirixida a todo o alumnado de segundo de bacharelato xa que o proceso de dixitalización é global e afecta a todas as profesións.

Xornada Acoso Escolar

Xornada adicada ao ACOSO ESCOLAR para alumnado de 1º ESO e 1º de Formación Profesional Básica, dentro da formación do Plan director. Tamén se impartiu unha sesión o 26 de novembro para familias. Participaron 30 persoas dos colexios Conmeniño, Rosalía de Castro e IES Monte da Vila. Imparten docencia a garda civil do concello do Grove e organiza a actividade a Dirección do centro e o Departamento de orientación. Todos e todas GRAZAS

Reanimación cardio pulmonar

Xornada de formación en reanimación cardio pulmonar para o alumnado de ESO, Formación Profesional Básica e Ciclo Medio. Promove a iniciativa anual, Javier Caneda, médico de urxencias sanitarias no Concello do Grove. Imparten docencia, Clara, enfermeira e técnicos de protección civil. Organiza a actividade a Dirección do centro e o Departamento de orientación. PARABÉNS a todo o alumnado pola alta cualificación amosada, en palabras de Javier Caneda.

Magosto

O pasado 15 de novembro celebramos o Magosto no Monte da Vila durante as dúas últimas sesións da mañá. Tivemos castañas, música e bo ambiente! O alumnado organizou unha chea de actividades: para os máis deportistas tivemos birilé, fútbol, basket, ping-pong; para quen preferiu desfrutar da música houbo karaoke, batalla de gallos, Just Dance; para os gamers tivemos torneos de FIFA e de Counterstrike. E máis cousas que houbo: torneo de UNO, torneo de miradas, concurso de doces... será por cousas!

Cros Escolar

Como parte do Programa Xogade, participamos co alumnado de 1º ESO no tradicional Coss Escolar que organiza o Servizo de Deportes da Xunta en Pontevedra nun lugar idílico para este tipo de probas; a Azucareira de Portas. Acudiron un total 42 alumnos e alumnas de 1º, para correr nunha carreira de 1500m de percorrido edividida por sexos.

A saída retrasouse un pouco pero cumplíronse as expectativas: conseguir que tadas e todos remataran a carreira. Non trouxemos medallas, pero si unha bonita xornada que despois de moitos días de choiva, puidemos disfrutar ao aire libre, do sol e sen frío!

O resto das fotos están dispoñibles na seguinte ligazón

Club de Ciencia

O noso centro foi seleccionado para participar no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. O club de Ciencia do IES Monte da Vila conta coa participación de 6 docentes e de case 20 estudantes da ESO, a maioría mulleres.

O obxeto de investigacion deste curso será o mar.

Estamos a despertar a nosa curiosidade, a sorprendernos, a aprender moito e a pasalo moi ben como podes comprobar na Sección do Club de Ciencia do Blog da Biblioteca.

Velaí algúns vídeos das primeiras sesións.

Reunión Principio de Curso da ANPA

A directiva da Anpa As Bouzas do IES Monte da Vila convoca A TÓDALAS FAMILIAS do centro a unha REUNIÓN DE INICIO DE CURSO o LUNS día 7 de OUTUBRO, ás 17:30 en primeira convocatoria, 17:45 en segunda convocatoria.

A orde do día será:

  1. Resumo das actividades do curso anterior e información sobre as actividades previstas para este curso.
  2. Modificacións na directiva da ANPA.
  3. Recepción de novos socios.
  4. Información ás familias interesadas sobre a Lotería da Anpa para as excursións de Andorra (3º da ESO e 1º de Bacharelato) e Fin de Curso (4º da ESO).
  5. Reunión coas familias de 4º da ESO para organizar o grupo da excursión de Fin de Curso.

Podes ver a convocatoria en pdf premendo aquí

Comezo do Curso 2019/20

O próximo luns 16 de setembro, desde a primerira hora (8:45), o profesorado titor acompañará a cada un dos grupos de alumnado á súa aula para facer a presentación. Despois da mesma haberá clases con normalidade.

 

O alumnado será chamado na seguinte orde:

 

1º ESO (A, B, AB)

2º ESO (A, B, AB)

3º ESO (A, B, C)

4º ESO (A, B)

1º e 2º FP Básica Servizos administrativos

1º e 2º CM Sistemas Microinformáticos e Redes

1º Bacharelato (A, B, C)

2º Bacharelato (A, B)

 

Haberá servizo de transporte con normalidade.

 

NOTA: Neste curso, entre outras novidades, introducimos o uso da axenda escolar obrigatoria en 1º e 2º ESO, que será facilitada dende o centro, polo que non será preciso mercarla.

Aberto o prazo de Inscripción na Formación Profesional Básica

Período ordinario de admisión
Presentación de solicitudes Desde o día 2 ao 12 de setembro ás 13:00 horas
Listaxe de alumnado admitido e non admitido 13 de setembro
Reclamación á listaxe 16 e 17 de setembro
Matriculación 13 ao 20 de setembro
Distribuir contido