Visita a SOGAMA

O vindeiro día 31 de maio, o alumnado de 3º ESO e 4º ESO de CCMM e da Saúde, realizará unha visita a SOGAMA (Cerceda, A Coruña).

Xestión do talento. Técnicas de relaxación e autocontrol

O vindeiro 22 de maio a partir das 10.00 h da mañá no Salón de Actos do Centro, o alumnado de 1º de BAC asistirá a unha charla sobre o espíritu emprendedor e a xestión do talento.

Viaxe a Roma

Do vindeiro 14  ata o 19 de maio o alumnado de 4º ESO e 1º BAC realizará unha viaxe cultural a Roma.

Itinerario e información sobre el viaje

Acoso escolar e acoso na Internet

O vindeiro 6 de maio terá lugar a partir das 8 da tarde no Salón de Actos do centro as charlas para pais e nais "Acoso escolar e acoso na Internet"

Excursión a Braga

O vindeiro venres 3 de maio, o alumnado de 1º e 2º de ESO da materia de relixión compartirá vivencias co alumnado doutros centros na excursión que se realizará a Braga en Portugal.

El Quijote y los derechos humanos

Saída a Lugo para visitar a exposición ""  e a exposición "Instrumentos musicais", ambas sitas no Centro de Artesanía e Deseño de Lugo.

Día da Danza

29 de abril, Día da Danza. Para conmemorar este día, o alumnado de 1º, 2º 3º e 4º ESO, asistirá a unha coreografía que terá lugar o vindeiro luns durante o recreo.

Día do libro

Un ano máis, como se de xograres se tratase, alumnos de 1º ESO e de 1º BAC percorreron as diferentes aulas do IES representando curtas esceas teatrais.

Probas Libres para a obtención de títulos de Formación profesional

Probas Libres para a obtención de títulos de Formación profesional (LOE). Convocatoria de 2013.

Convocatoria de probas libres, coa finalidade de permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional.
O prazo de presentación de solicitudes é do 19 ao 30 de abril ata as 13:00 horas, na secretaría de calquera centro que teña oferta de probas libres.

Cinefórum: Náufrago

O vindeiro xoves día 18 de abril a partir das 17.30 h na Biblioteca, os alumnos de 1º ESO presentarán o filme "Náufrago".

Distribuir contido