Skip to Content
 

Hoxe poño a miña lingua!

 


Concurso "GalegoconCiencia" (1ª edición)

 Resultados finais

Bases do concurso

Listaxe de gañadores da 4ª semana e gañadores do concurso

Pincha na imaxe de abaixo (segundo o curso) para participar

Exames ABAU 20-21

No menú lateral dereito para Segundo de Bacharelato tedes colgada a información relativa a horarios e lugar de celebración das probas ABAU.

O noso alumnado deberá realizar os exames na Facultade de Economía do Campus de Elviña. 

Charla da bióloga e investigadora Tamara Hermida ex-alumna de Monelos

O pasado martes 13 de abril, a bióloga e investigadora científica do CICA e do INIBIC da Coruña Tamara Hermida, ex- alumna do IES Monelos, impartiu unha charla ao alumnado de Cultura Científica de 1º Bacharelato.

O tema que tratou foi a clonación e as células nai, así como a importancia da investigación nas mesmas para o tratamento de enfermidades. 

Nestes momentos, os/ as alumnos/ as desta materia están a traballar en clase contidos sobre Revolución Xenética e Biotecnoloxía co seu profesor José Carlos Areán, polo que esta charla ademais de ser útil resultou moi  motivadora para eles/ as. 

Tamara, mediante esta divulgación científica realizada no instituto, tamén incidiu na importancia da investigación científica en Galicia e en España, en concreto no campo da investigación biomédica; e resaltou que son moitas as científicas que se dedican a este gran labor en beneficio da sociedade.

Camiño inglés de Santiago tramo urbano da Coruña

Andaina do primeiro tramo urbano do camiño inglés de Santiago. Realizada polo alumnado de 3º de ESO de PMAR do IES Monelos no curso 2020-2021.

Música de Ruxe Ruxe Soños (2015).

CONSTRUÍNDO MOLÉCULAS E COMPOSTOS

A actividade  "Construíndo Moléculas e Compostos" consiste na construción de moléculas e compostos mediante o agrupamento de átomos de diferentes elementos químicos. Estes átomos represéntanse de forma esférica mediante a plastilina, e os escarvadentes que unen devanditos átomos representan as ligazóns químicas entre os átomos dos elementos. Os/ as alumnos/ as aprenderon que non se poden formar enlaces/ unións entre átomos de calquera forma, e que cada elemento químico posúe unha capacidade de combinación diferente con outros átomos doutros elementos químicos.
 
Con esta actividade introducimos o concepto abstracto de molécula en Química e  Bioloxía, xa que a materia viva (en concreto o ser humano) está formada de moléculas como a auga ou de  macromoléculas como o ADN que se atopa no núcleo das nosas células  eucariotas. Tamén o osíxeno que respiramos ( dioxígeno) constitúe unha substancia molecular simple.
 
Esta práctica de laboratorio foi realizada na aula, cumprindo as normas sanitarias do protocolo covid-19, por todo o alumnado de 2º E. S.O. (grupos A,  B e  C) e tamén polos 20 alumnos de 1º E. S.O. (D)
 
Gozamos e aprendemos moito!
Profesor: José Carlos Areán
 

Hecho con Padlet

Paisaxes sonoras - Estudo dos sons do alumnado de 4º de ESO

FEIRA VIRTUAL DAS UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS (uniFERIA)

Do 22 ao 24 de febreiro celebrase a terceira edición de UNIferia, a Feira Virtual das Universidades españolas, promovida pola CRUE (Conferencia de Rectores das Universidades Españolas) que permite o encontro dos Futuros Estudantes cos Graos que se van a impartir o vindeiro curso 2021-22. Funciona como unha Feira Universitaria presencial.

A navegación por UNIFERIA é libre, tras rexistrarse na páxina: aquí

 
A Universidade da Coruña (UDC), terá un espazo virtual baixo o lema: ENTRA NO FUTURO, no que lle ofrece ao futuro alumnado coñecer de primeira man a oferta académica de Graos dos Campus da Coruña e de Ferrol,  a Vida Universitaria que lle espera e que poida consultar as dúbidas que teña de notas de corte, aloxamento...
 
 
O horario é amplo de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h e o persoal da UDC estará pendente para solucionar ao  alumnado  calquera consulta ou aclaración que precisen.
 

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS DE GRADO MEDIO E SUPERIOR

Probas de acceso a ciclos de formación profesional de grado medio y superior. Publicada a orde de convocatoria de 2021.

+info--> aquí

Inscrición aberta ata o 3 de marzo en probas de acceso a ciclos de grado superior.

A proba ten dúas partes:

- Común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas.

- Específica: escolle dúas materias duhna das tres opcións.

Lembra que para inscribirse é necesario ter cumpridos 19 anos ou cumplilos no ano 2021.

+info--> aquí

Inscrición en probas de acceso a ciclos de grado medio: do 15 ao 26 de marzo

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio. Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

A proba divídese en tres partes:

Parte sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.

Parte matemática: matemáticas.

Parte científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.

Calendario das probas de acceso aquí

Información das probas para grado medio aquí

Información das probas para grado superior aquí

Blogue Matemáticas Monelos

Temos novo blogue de matemáticas en Monelos

Botádelle unha ollada!

Distribuir contido


by Dr. Radut