Skip to Content
 

JAZZ THE SCHOOL

O pasado xoves 20 de Maio recibimos a visita do músico Daniel Casares, guitarrista de jazz natural de A Coruña. O evento estivo organizado polos Departamentos de Inglés e Música para os alumnos das Seccións Bilingües de Música de 2º e 3º de ESO. Tamén foron invitados os alumnos que compaxinan a súa formación no CMUS e no Conservatorio Profesional de Danza.

Durante a súa charla-concerto en inglés, Daniel ofreceunos unha perspectiva da historia do jazz dende os seus comezos ata as correntes máis vangardistas da actualidade, pasando por fitos como a era do swing, o bebop dos anos 40, etc. Ademais disto, Daniel compartiu as súas reflexións acerca do seu interese por este tipo de música, sobre o estudo da mesma a través da súa formación universitaria no estranxeiro - no prestixioso Berklee College of Music de Boston - e sobre a importancia de coñecer e dominar unha lingua como o inglés, tanto para o seu desenvolvemento profesional como persoal.

Ao rematar o concerto, os alumnos tiveron a oportunidade de intercambiar impresións e debatir acerca das músicas de actualidade e das posibilidades de adicarse profesionalmente a esta interesante forma de expresión artística.

Concurso de Microrrelatos

FAI CLICK NA IMAXE PARA VER AS BASES DO CONCURSO

Campamentos Concello da Coruña

Premios extraordinarios de Bacharelato

Alumnado que rematou 2º de bacharelato e que obtivo unha media igual ou superior a 8,75 podería anotarse para participar nos Premios Extraordinarios.

O prazo remata o 26 de maio. Maís información aquí

Hai debate!

 

Concurso de debate organizado polo departamento de filosofía do IES Monelos coa colaboración do EDLG do centro. Participa o alumnado de 1º de bacharelato (do 25 de abril ao 17 de maio). No ano de Xela Arias.

 

24 horas co galego no IES Monelos (24/02/2021): datos para un balance

 Presentamos os resultados da enquisa formulada ao alumnado e profesorado do centro sobre o seguimento na participación das 24 horas co galego celebrado o Día de Rosalía (24/02/2021).

Datos para unha análise e unha reflexión agora que imos celebrar o 17 de maio, o día das Letras.

Acompañamos esta mostra cuns datos preocupantes sobre o uso do galego no ensino dun estudo feito pola Real Academia Galega.

Información da RAG recollida en Praza Pública

Un de cada tres alumnos castelanfalante remata a ESO con "escasa competencia" en galego 

 

Xa está en marcha o Encontro IES "Poeta Díaz Castro" de Guitiriz e IES Monelos!

O celebramos o martes 1 de xuño.Participará o alumnado de 4º de ESO.

 

Celebrando o "Día da paz e da non violencia" no IES Monelos (31-I-2021)

 Video elaborado polo EDLG do IES Monelos coa colaboración dos departamentos de música, educación plástica, inglés e lingua e literatura galega. Adaptación da "Imagine" de John Lennon.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO CURSO 2020-2021

Orde de 9 de abril de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2020/21 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 27 de abril de 2021 e finalizará o día 26 de maio de 2021.

PROXECTO EUROPEO DEFRIT

O alumnado participante no proxecto europeo  DEFRIT de novos redactores pousa coa edición española impresa grazas á colaboración de La Voz de Galicia.

Distribuir contido


by Dr. Radut