Skip to Content

Localización

O noso instituto

O Instituto de Monelos (nome que significa "monte pequeno") está situado no barrio de Monelos, barrio con forte personalidade, que historicamente pertenceu ao concello de Santa María de Oza e que posteriormente foi incorporado ao da Coruña no ano 1912.


Próximos ao barrio de Monelos están o do Castrillón, o dos Castros e o de Eirís, de onde o noso Centro recibe tamén alumnado. Tamén nos últimos tempos, novas urbanizacións das proximidades, como a de Matogrande, nutren o instituto de alumnado.

O I.E.S. Monelos foi creado no ano 1969 por orde ministerial do 19 de xullo (B.O.E. 27 agosto), como sección delegada do antigo Instituto masculino (actualmente Instituto Menéndez Pidal). O edificio actual ten tres plantas e é o resultado de tres reformas e ampliacións sucesivas. Tamén dispón, separado do edificio principal, dun pavillón polideportivo cuberto.

 

Situación.

Contacto.

Distribuir contido


by Dr. Radut