Skip to Content

CURSO 2016-17

Percorrido en bici: dende o IES Monelos á praza de María Pita

Alumnado de 1º e 2º de ESO, profesores, padres e a inestimable axuda da policía local.

Visita á exposición de Lugrís "Paredes soñadas"

Visitou a exposición o alumnado de 4º A de Historia e o alumnado de 4º B de Plástica.

TORNEO DE BADMINTON

O luns 27 celebrouse a fase final do torneo de badminton. Resultaron gañadores os alumnos Óscar Fernández e Daniel Fernández.

Visita ao Centro Oceanográfico A Coruña (Instituto Español de Oceanografía)

Os alumnos de primeiro de bacharelato da materia de Bioloxía, fixeron unha visita o pasado venres ao Instituto Oceanográfico. O Centro está dotado con moderno material oceanográfico e especiais instalacións para o cultivo de moluscos a escala experimental. 

TRABALLO DE AERÓBIC REALIZADO POLOS ALUMNOS DE 1º BACHARELATO

Traballo de aeróbic dos alumnos de primeiro de bacharelato B-C-D.

Entroido 2017

O pasado venres celebrouse o entroido 2017. Aquí tedes algunhas fotos da festa. Se queredes ver máis, na ligazón de Twitter 

Visita á planta de tratamento de residuos domésticos no concello de Nostián

O modelo de xestión de residuos domésticos implantado polo concello da Coruña e o Consorcio das Mariñas, do que forman parte o concello da Coruña e 8 concellos da área metropolitana da Coruña (Abegondo, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Bergondo e Oleiros), ten como destino dos residuos domésticos xerados a Planta de tratamento de residuos da Coruña situada no concello de Nostián (A Coruña). Os nosos alumnos de 1º de ESO fixeron hai uns días unha visita ás devanditas instalacións.

Charla da escritora Ana Alcolea

A escritora Ana Alcolea, premio Cervantes Chico 2016, deu unha charla ao alumnado de 4º de ESO e do Club de Lectura.

13º Concurso de fotografía Xurxo Lobato 2017

INFORMACIÓN DO CONCURSO NO SEGUINTE ENLACE

(Bases)

Visita Banco de España

Os alumnos de economía de primeiro de bacharelato foron visitar a sucursal do Banco de España en A Coruña. A actividade permitiu coñecer o funcionamento dun Banco Central, a historia do Banco de España e as funcións que realiza na nosa contorna.

Distribuir contido


by Dr. Radut